Museo Provincial de Lugo
|
Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
Museo Provincial do Mar
|
Pazo de Tor
|
|
 |
NOVAS EN PORTADA
|
26/01/2012
QUEN LLE DÁ A VOLTA Á TORTILLA?, un proxecto para reflexionar sobre roles de xénero nas coleccións de arte dos museos
Os museos da Rede Museística dependente da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo foron seleccionados en representación de Galicia para participar no proxecto Quen lle dá a volta á tortilla. Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais, unha iniciativa na que participan o Museo de Bellas Artes de Murcia (MuBAM) e o Museo de León. Neste proxecto, xestionado polo colectivo Medusa Mediación e subvencionado polo Ministerio de Cultura, interveñen como representantes dos respectivos museos Luís Grau (director do Museo de León), Juan Sandoval (director do Museo de Murcia) e Encarna Lago (xerente da Rede Museística de Lugo). Convócanse obradoiros e prepárase unha exposición itinerante coas creacións dos asistentes e d@s artistas invitad@s, entre eles @s galeg@s Noa Persán, Paula Cabaleiro e Iago Eireos.
+info, formulario de inscrición no obradoiro e outros detalles do proxecto
|
|
12/01/2012
EXPOSICIÓN ITINERANTE: Documentos con memoria, na Casa de Cultura de Monforte de Lemos
Documentos con memoria é unha mostra bibliográfica, fotográfica e documental sobre o convento de San Francisco de Lugo (hoxe sede do Museo Provincial) para conmemorar o 80º aniversario da declaración como BIC deste edificio. Agora, despois de percorrer os catro museos integrados na Rede Museística da Deputación, continúa a súa itinerancia na Casa de Cultura de Monforte de lemos, onde poderá visitarse a partir do 12 de xaneiro de 2012. + info>>
|
|
28/12/2011
EXPOSICIÓN: Entre Marbella e Torremolinos [imaxes de manicomio], fotografías de Xosé Reigosa
Inauguración: Mércores, 28 de decembro, ás 19:00 horas. Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo).
No acto de inauguración van participar Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, e o fotógrafo Xosé Reigosa.
... LER MÁIS
|
|
22/12/2011
Asorey no MPLugo: Recibimos por uns días, só por uns días, dúas das súas mellores obras
Logo das exposicións dedicadas a Francisco Asorey no Pazo de Torrado, en Cambados, e na Fundación Torrente Ballester, en Santiago de Compostela, co gallo dos 50 anos do seu pasamento, e acompañando o regreso ao MPLugo da “Ofrenda e San Ramón” e de “San Francisco”, gozamos do privilexio de comunicar aos lucenses, e aos que nos visiten nestas datas, que teñen unha oportunidade única de contemplar por uns días dúas obras máis emblemáticas do grandísimo escultor galego: “Nai de dor” e “O Tesouro”. Poucas ocasións coma esta para gozar de tan extraordinarias pezas pertencentes a coleccionistas privados. ...ler máis
|
|
18/11/2011
EXPOSICIÓN: Vázquez Cereijo 1970-2000
O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo, Mario Outerio, xunto coa directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, o concelleiro de cultura do conclelo de Lugo, Antón Bao, e o artista, José Vázquez Cereijo, participaron no acto de presentación da exposición Vázquez Cereijo 1970-2000. Esta mostra retrospectiva do artista lucense ábrese ao público o xoves, 10 de novembro, ás 20:00 h., e vai permanecer na Sala de Exposicións do MPLugo ata o 29 de febreiro de 2012.
+ info
|
|
26/10/2011
Publicacións do MPLugo (Descarga gratuíta)
Acceso a descarga gratuíta de publicacións
|
|
22/10/2011
Normas para a presentación de orixinais ao tomo XV do Boletín do Museo Provincial de Lugo.
[Normas específicas para a presentación de orixinasi para o tomo XV do Boletín do Museo Provincial de Lugo]
Prazo de prresentación de traballos: 30 de marzo de 2012.
Máis información: Departamento de Difusión do MPLugo: Tfno.: 982 242 112 / difusion@museolugo.org.
|
|