05/09/2012
CONVOCATORIA: Xornadas teórico-prácticas sobre sensualidade e erotismo na arte
Mario Outeiro, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, presentou as xornadas que se van celebrar na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo do 20 ao 28 de setembro de 2012. Organiza: Rede Museística. Duración: 20 horas. Estas xornadas forman parte das actividades complementarias da exposición “Arte para gozar. Sensualidade e erotismo nos museo da Rede Museística da Deputación de Lugo”, mostra aberta ao público na Sala de Exposicións do MPLugo desde o 12 de xullo ata o 30 de setembro de 2012.
Coordinan: Fernando Arribas e Antonio Reigosa.
Esta exposición, na que se amosan uns 130 obxectos e obras procedentes dos catro museos da Rede (MPLugo, MPMar, Pazo de Tor e Museo Etnográfico San Paio de Narla), é representativa das diferentes sensibilidades que en distintas épocas trataron o erotismo na arte, ao tempo que unha oportunidade única para coñecer moitos fondos destes museos que habitualmente non están expostos ao público.
Con estas xornadas preténdese optimizar o aproveitamento dos contidos desta singular mostra achegando ás persoas interesadas os coñecementos sobre o erotismo de recoñecidos especialistas en distintas artes e disciplinas: cine, literatura, arte, arquitectura, fotografía, gastronomía… para rematarmos cunha cea de confraternidade elaborada con ingredientes afrodisíacos.
Poderán asistir todas as persoas interesadas, previa inscrición, que é gratuíta, e ata completar aforo.
PROGRAMA
Xoves, 20 de setembro
18:00 horas.- Inauguración das xornadas
18:10 horas.- O cine erótico e pornográfico en Lugo, por Fernando Arribas Arias. Escritor e investigador da historia do cine, responsable de Difusión da Rede Museística..
19:30 horas.- A filla que aleita ao seu pai: Piedade filial ou erotismo incestuoso?, por Antonio Reigosa. Escritor, investigador e divulgador da cultura popular galega, responsable de Comunicación e X. Cultural da Rede Museística..
20:15 horas.- Tertulia e debate coa participación dos ponentes e do público asistente.
Venres, 21 de setembro
18:00 horas.- Contos colorados. O erotismo na literatura popular, por Xosé Miranda Ruíz. Escritor e profesor, especilista en literatura de tradición oral.
19:00 horas.- Sensualidade e erotismo na arte europea, por Covadonga López de Prado Nistal. Museóloga, historiadora da arte, directora do Museo Massó (Bueu), especiliasta no tema do erotismo na arte.
20:00 horas.- Tertulia e debate entre os ponentes e o público asistente.
Luns, 24 de setembro
18:00 horas.- O erotismo na arquitectura románica, por Pilar Sánchez Monje. Historiadora da Arte e investigadora do Románico en Lugo.
19:00 horas.- A fotografía erótica, por Germán Limeres. Fotógrafo profesional e artista.
20:00 horas.- Tertulia e debate coa participación dos ponentes e do público asistente.
Martes, 25 de setembro
18:00 horas.- A música erótica, por Abraham Cupeiro. Intérprete e profresor no Conservatorio Superior d’Coruña.
19:30 horas.- Tertulia e debate coa participación do ponente e do público asistente.
Mércores, 26 de setembro
18:00 horas.- Ti contabas as estrelas / eu as areas do chao: Erotismo e poder na poesía galega de tradición oral, por Olga Novo. Escritora e investigadora da literatura galega.
19:00 horas.- O febril revoar das amavías. Lecturas de sexo e desexo, por Isidro Novo. Escritor.
20:00 horas.- Tertulia e debate coa participación dos ponentes e do público asistente.
Venres, 28 de setembro
20:00 horas.- Influencia dos afrodisíacos e o erotismo na gastronomía, por Ángel González Vera. Licenciado en Ciencias Económicas, experto en temas agroalimentarios, membro da Academia Aragonesa de Gastronomía.
21:30 horas.- Clausura das xornadas
22:00 horas.- Cea afrodisíaca. O nome do restaurante, o menú e o prezo por persoa serán dados a coñecer nas datas previas ao evento. As persoas interesadas en asistir a esta cea deben inscribirse previamente a través do formulario que lles facilitará a organización das xornadas. O custo por persoa, que será a escote entre os asistenes, farase efectivo no propio restaurante.
Máis información sobre estas xornadas no tfno.: 982 24 21 12 (departamentos de Difusión ou Comunicación) aou a través do e-mail: info@museolugo.org.
DIPLOMA DE ASISTENCIA
As persoas isncritas cuxa asistencia non sexa inferior ao 80% das horas impartidas recibirán un diploma acreditativo de 20 horas lectivas.
INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse exclusivamente a través deste formulario : >>Formulario de inscrición
| Xerencia | Comunicación e X. Cultural |
Difusión |
|---|
Tfno.: 982242112 / 699836883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org | Tfno.: 982242112
info@museolugo.org | Tfno.: 982242112
difusion@museolugo.org |
_____Documentación
-EXPOSICIÓN: ARTE PARA GOZAR. SENSUALIDADE E EROTISMO NOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA
-BLOGUE OFICIAL DA EXPOSICIÓN: Imaxes, artigos, novas, comentarios…
DATOS BIOGRÁFICOS DOS PONENTES
Fernando Arribas Arias
Profesor de EXB e licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e historiador de cine, leva publicados diversos libros e artigos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da Cultura Galega.
Abraham Cupeiro
Nace en Sarria (Lugo) onde comeza os seus estudos musicais no seo da banda desta localidade para logo ingresar na banda municipal de Lugo. En 1999 trasládase a Madrid onde continuará os seus estudos musicais no RCSMM onde recibe clases de Germán Asensi, Conrrado Gastaldo, Benjamín Moreno, Sebastián Marine e Mariana Gurkova entre outros, así como master class de Pierre Thibaud, Bo Nilson e Max Sommerhalder. Licenciase con sobresaliente na especialidade de trompeta neste conservatorio.
Nesta cidade desenvolve una intensa actividade como músico de sesión con numerosas orquestras sinfónicas e agrupacions de diferentes xéneros musicais como jazz, música étnica.. levándoo a colaborar con Carmen Paris, Guillermo McGuill, Les Luthiers, Orquesta Nacional de España, Gabino Diego …etc
A súa faceta de multiinstrumentista lévao a colaborar na película "Camino de Santiago" e no disco Adam the Carpenter nominado os "Premios de la Música" como mellor álbum de jazz no ano 2008 e a ser habitual nos estudos de gravación chegando a gravar e a compoñer para o selo Universal ademáis de gravar RNE, RTVG e RTVE.
É membro fundador do grupo Seare co cal gaña o I Premio aa Música Xove no ano 2000 e estrea unha obra no Auditorio Nacional de España acompañado da banda sinfónica do RCSMM.
A partir do 2005 compaxina a súa faceta de músico coa de luthier e investigador de instrumentos de vento e metal históricos practicando nestas técnicas do séc. XVII para a súa construcción.
Posúe xunto con María Ruíz unha colección de máis de 300 instrumentos de todas as culturas e épocas, que presentaron en diferentes cidades, tendo como principal atractivo as demostracións que fai con boa parte deles.
É especialista na interpretación con instrumentos orixinais do Renacemento e do Barroco, e é conferenciante habitual na Universidade Complutense de Madrid.
No ano 2007 comeza como profesor de trompeta no Conservatorio de Fingoi, no ano 2008 no Conservatorio Profesional da Coruña e partir do 2009 no Conservatorio Superior da Coruña.
Ángel Luis González Vera
• Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad de Barcelona previa obtención do titulo de Profesorado Mercantil na Escuela de Comercio de Zaragoza
• Funcionario Excedente do Ministerio de Economía y Hacienda
• Director General de Pieralisi España hasta el año 2010
(Pieralisi é un grupo multinacional de orixe italiana dedicado á fabricación de maquinaria para a obtención de aceite de oliveira.)
• Profesor do Master “Técnicos en Olivicultura y producción de aceite de oliva” dirixido a postgrados pola Universidad de Córdoba e o Instituto de la Grasa de Sevilla
• Cofrade de Honor da Cofradía de Amigos del Olivo de Baena
• Vicepresidente da Academia Aragonesa de Gastronomía.
• Apaixoado defensor do consumo de aceite de oliveira virxe sobre cualquera outro tipo de graxa. Experto en producción e comercializacion de produtos agroalimentarios. Fervente difusor da Dieta Mediterránea.
Germán Limeres López
-Técnico Superior en Fotografía Artística. Escuela Ramón Falcón de Lugo. 2010.
-Diplomado Universitario. Técnico en Actividades y Empresas turísticas. Universidad A Coruña, 1999.
-Curso de preservación de fondos fotográficos patrimoniais. Dirección Xeral de Patrimonio. 2006.
-Masterclass de Kodak. Madrid. 1995.
-Curso de diseño asistido por ordenador. Centro de Artesanía y diseño. 300h. 1994.
-Curso de realización y producción de video profesional. Diputación de Lugo. 75h. 1993.
-Curso de Edición de video profesional. Concello de Lugo. 300h. 1992.
-Talleres de fotografía digital. Fed. Española de profesionales de la fotografía y la imagen. Fepfi.
-Seminarios de iluminación, laboratorio e imagen. Fepfi.
-Cursos avanzados de Photoshop, Corel Draw, Premier…
-Jornadas y cursos sobre museos, Arte galega, Arte comtemporánea. Icom.
-Fotógrafo profesional desde 1993.
-Fotógrafo del Museo Provincial de Lugo. Trabajos de catalogación, publicaciones, exposiciones.
-Fotógrafo Especializado en publicidade. Estudio de 700m2.
-Membro de la Directiva de Asoc. Provincial de fotógrafos profesionales de Lugo.
Covadonga López de Prado Nistal
Inicia os estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo e licenciase na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Na fase de posgrao realiza o master en Museología, Espresione e Comunicazione Visiva, na Univeritá Internazionale dell`Arte de Florencia (Italia) e o Terceiro ciclo de estudos universitarios na UNED de Madrid, defendendo o traballo de investigación “A Caridade Romana na Arte. Entre a fantasía erótica e a lección moral”.
Desde outubro de 2009 exerce como Técnica Superior de Museos e como directora do Museo Massó. Anteriormente ocupou o posto de directora do Museo Etnolóxico de Ribadavia e entre 1997 e 2006 o de Técnica de Museos no Museo de Belas Artes da Coruña. Ata entón a súa actividade profesional estivera vinculada a diferentes museos de Galicia e Asturias, comezando a súa vida profesional no Museo Provincial de Lugo baixo a dirección de Felipe Arias Vilas.
Comisariou e participado en numerosos proxectos de exposicións temporais, impartido conferencias e diversos cursos de formación de historia da arte e museoloxía e participado como potente en congresos de ámbito nacional e internacional.
As súas investigacións e traballos publicados orientáronse tanto cara ao ámbito da museoloxía, como da historia da arte, con estudos de diversa índole, aínda que se centrou en aspectos iconográficos, aproximándose á obra de arte como testemuño da mentalidade dunha época e amosando un especial interese polo estudo do reflexo da mentalidade patriarcal na pintura. Actualmente está realizando a Tese Doutoral sobre Erotismo e sensualidade na pintura do século XVII.
Entre os traballos publicados dentro da liña do estudo das mentalidades atópanse:
“Iconografía de la muerte” e “Fe, razón y muerte” en Speculum Humanae Vitae. La imagen de la muerte en los inicios de la Edad Moderna. Museo de Belas Artes da Coruña, Xunta de Galicia, 1997.
“La imagen de la mujer” en La Mirada complacida y la mirada inquieta. La pintura finiseculer entre la tradición y la modernidad. Museo de Bellas Artes de A Coruña, 1999.
“La imagen de la mujer y la estética parnasiana en la pintura mitológica de Sotomayor”. Actas del Congreso Luchas de Género en la Historia a través de la imagen. Universidad de Málaga, 2001.
“La imagen de la virtud doméstica en la obra de Van Gogh”. Boletín de Arte. Departamento de Historia del Arte de la Universidad de Málaga, Nº 28, 2007.
The Roman Charity in the Art of the Renaissance: Between Erotic Fantasy and moral Lesson, presentada en el Congreso Sexualities, Textualities, Art and Music in Early Modern Italy organizado por el University College Cork, Irlanda, 2007.
Xosé Miranda Ruíz
(Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestio (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato “Tarxeta vermella” publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e “Amancio Amigo e o Demo da Botella” (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie “Lendas de Galicia”.
Isidro Novo
De ascendencia mariñá, Isidro Novo é un lugués que agás pequenos parénteses sempre residiu na súa cidade de nacemento. O seu balbucir na escrita é no idioma castelán, pero cando toma conciencia da propia identidade, o galego convértese na súa única lingua voluntaria. Teaza de brétema, publicado na colección O Barco de Vapor no 94, sería o seu primeiro libro individual. Seguiríalle o wéstern Por unha presa de machacantes, a continuación Carne de Can, un feixe de oito relatos, e o libro de poemas Dende unha nada núa.
No 99 sae á rúa Antollos de Eimarmena, de narrativa curta, e logo de catro anos sen publicar, aparecerían, consecutivamente, as novelas: Súa de si, Rosa lenta – de temática erótica - e Un escuro rumor tralo silencio. No ano 2007 ve a luz un libro de poemas da súa autoría titulado Esteiro de noites falecidas e en 2009 sairía publicada a súa tradución ao galego da novela de Benito Vicetto Los Hidalgos de Monforte. As súas últimas obras publicadas son o libro de relatos Cabalos do demo e outros invertebrados (2010) , o de viaxes literarias O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar (2010) e a novela Sinistra deixa (2012), onde se asoma á temática do paranormal.
En tempos fixo radio (Gomorritas e novas criaturas) na pirata Radio Clavi, ademais de publicar dúas guías orientativas para libar viño artesanal na súa cidade (Guía do bebercio lugués 92 e 95). Ultimamente e co total apoio da AELG impulsou a sección de recuperación do idioma Palabras con memoria, visíbel na web da devandita asociación. Dende hai anos publica artigos no xornal GALICIA HOXE.
Olga Novo
(Vilarmao, Lugo, 1975). Poeta, tradutora, ensaísta e profesora. Licenciada en filoloxía galego-portuguesa, exerceu a docencia no ensino secundario en Galicia, e no ámbito universitario nas Universidades da Alta Bretaña -Rennes- e da Bretaña Sur -Lorient. Como estudosa da literatura ten publicados numerosos artigos en diversas publicacións especializadas dentro e fóra de Galicia, sobre autores galegos, franceses ou portugueses, como Ánxel Fole, Uxío Novoneyra, Castelao, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza, Xohana Torres, Fernando Pessoa, André Breton, etc, etc. No ámbito da investigación e o ensaio literarios publicou os libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1995), O lume vital de Claudio Rodriguez Fer. Erotismo, coñecemento e utopía (1999), e Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005) -Premio Ánxel Fole de investigación-.
No ámbito da tradución verqueu do galego ao castelán O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, de Carmen Blanco (1995); do francés ao castelán As vidas imaxinarias, de Marcel Schowb, e actualmente traballa na tradución do francés ao castelán dos Diarios completos de Stendhal.
Tanto no eido da investigación como no da escrita poética, o seu interese centrouse en propostas radicais relacionadas co pensamento feminista libertario, a ética e a estética surrealista, a memoria telúrica e agraria, e moi especialmente o erotismo como coñecemento e liberación, tema ao que dedica a súa tese de doutoramento.
Como poeta, ademais de numerosas colaboracións en revistas e antoloxías, ten publicados os libros A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997) -Premio Losada Diéguez de Creación-, Magnalia (2001) -en colaboración co poeta Xoán Abeleira e a pintora Alexandra Domínguez-, A cousa vermella (2004), Monocromos (2006) -en colaboración co pintor Concetto Pozati-, e Cráter (2011) -Premio da Crítica en lingua galega.
Antonio Reigosa
Zoñán, Mondoñedo, 1958. Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo. Escritor e conferenciante, investiga e divulga mitoloxía popular e literatura oral en diversos medios. Cofundador do Grupo de Investigación Etnográfica Chaira (1992), creador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com). Ideou novos formatos para a difusión cultural como as revistas orais “O pazo das musas” e “A voz dos carraos”, ou as “Polafías”, no caso da cultura e a literatura de tradición oral, un proxecto da AELG para representar literatura oral en vivo e a través de internet. É coautor con X. Miranda e Xoán R. Cuba de Dicionario dos seres míticos galegos (1999), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral (2001), Pequena mitoloxía de Galicia (2001) e dos 20 tomos da colección de contos de tradición oral de Galicia Cabalo Buligán (1998-2004). Con Xosé Miranda escribiu Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (2002), Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror (2004) e A flor da auga. Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas (2006). Narrativa infantil e xuvenil: Memorias dun raposo, (Premio Merlín, 1998), Resalgario (Premio Raíña Lupa, 2001), O galo avisado e o raposo trampulleiro (2003), Bacoriño (2004), A noite dos pesadelos (2006), A escola de Briador (2006), O polimacho e outras criaturas (2008), Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto (2008), Lu e Go pola muralla (2010) e o álbum Guía ilustrada da Galicia invisible (2010) con ilustracións de Noemí López.
Pilar Sánchez Monje
Pilar Sánchez é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Valladolid e Máster de Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois de traballar na xestión cultural, está investigando sobre o Románico en Lugo, a instancias da Fundación Santa María a Real e o Ministerio de Cultura, cun equipo encargado de dar corpo ao tomo adicado a esta provincia.
O Erotismo na arquitectura románica
A expresión do erotismo no románico sorpréndenos pola súa crudeza e expresividade, pola falla de rubor e o explícito dos seus xestos. Vicio e moralidade remexidos na ola da Idade Media e degustado polos ollos da nosa contemporaneidade.
Enlaces de interese:
1800_PROGRAMA_Xornadas teórico-prácticas sobre sensualidade e erotismo na arte.pdf
< voltar
|