Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades


16/02/2012 CONFERENCIA. A historia da psiquiatría, polo doutor Victor Rodríguez Pérez

Como complemento da mostra fotográfica de Xosé Reigosa Entre Marbella e Torremolinos. [Imaxes de manicomio], este xoves, 16 de febreiro, ás 20:00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos unha conferencia do doutor Victor Rodríguez Pérez, do Servizo de Psiquiatría do HULA (Hospital Lucus Augusti), no que se encarga da sección de Psicoxeriatría, sobre o tema “A historia da psiquiatría.” A entrada a este acto é libre e gratuíta. + info sobre a exposición
+ info sobre Victor Rodríguez Pérez


08/02/2012 QUEN LLE DÁ A VOLTA Á TORTILLA?, un proxecto para reflexionar sobre roles de xénero nas coleccións de arte dos museos

Os museos da Rede Museística dependente da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo foron seleccionados en representación de Galicia para participar no proxecto Quen lle dá a volta á tortilla. Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais, unha iniciativa na que participan o Museo de Bellas Artes de Murcia (MuBAM) e o Museo de León. Neste proxecto, xestionado polo colectivo Medusa Mediación e subvencionado polo Ministerio de Cultura, interveñen como representantes dos respectivos museos Luís Grau (director do Museo de León), Juan Sandoval (director do Museo de Murcia) e Encarna Lago (xerente da Rede Museística de Lugo). Convócanse obradoiros e prepárase unha exposición itinerante coas creacións dos asistentes e d@s artistas invitad@s, entre eles @s galeg@s Noa Persán, Paula Cabaleiro e Iago Eireos. +info, formulario de inscrición no obradoiro e outros detalles do proxecto


03/02/2012 Último día para inscribirse no obradoiro de fotografía impartido por Xosé Reigosa

O próximo sábado, 4 de febreiro de 2012, entre as 12:00 e as 14:00 h., na mesma Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación), vai ter lugar un obradoiro impartido polo fotógrafo Xosé Reigosa con motivo da exposición Entre Marbella e Torremolinos (Imaxes de manicomio). Convócase especialmente a familias (adultos con nenos/as) e é imprescindible a inscrición previa no Departamento de Didáctida do MPLugo. + info sobre a exposición
+ info sobre o obradoiro


31/01/2012 O MPLugo e a conservación do patrimonio, conferencia de Aurelia Balseiro en Burela

A directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, imparte unha conferencia solicitada pola comunidade educativa do IES Perdouro de Burela, este martes, 31 de xaneiro de 2012, ás 11:30 h., baixo o título “O Museo Provincial de Lugo e a conservación do patrimonio”.


31/01/2012 CONFERENCIA: A loucura no cine, a cargo do doutor Luis Vila Pillado

O xoves 2 de febreiro de 2012, ás 20:00 h., vai ter lugar na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) a conferencia impartida polo doutor Luis Vila Pillado sobre o tema A loucura no cine. Esta conferencia forma parte das actividades complementarias da exposición Entre Marbella e Torremolinos (Imaxes de manicomio), de Xosé Reigosa. A entrada é libre e gratuíta. + info sobre a exposición
+ info sobre o doutor Vila Pillado


23/01/2012 Visita técnica á mostra da obra de Asorey no MPLugo

VISITA TÉCNICA: Este mércores, 25 de xaneiro, ás 19:00 h., está programada unha visita técnica a cargo do directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, para achegar a quen o desexe á obra do escultor cambadés ques e amosa ata o 2 de febreiro no MPLugo. A entrada é libre e gratuíta. PROXECCIÓNS: Así mesmo, comunícase que continúan as proxeccións (pases: 17:30 e 19:30 h. ) do vídeo “Asorey”, elaborado polo Taller Lumiére do IES Francisco Asorey de Cambados. Neste vídeo, dirixido por Jesús Barco, Fernando Tomé e Santiago Rey, interveñen Manolo Paz e Isaac Díaz Pardo, entre outros. Mereceu o primeiro premio no XXXIX Certame internacional audiovisual do Liceo Casino de Vilagarcía, modalidade de documental. Lembramos que a exposición vai estar aberta ao público no Refectorio do MPLugo ata o 2 de febreiro. + info sobre a exposición no MPLugo


23/01/2012 CINE: LT22 Radio La Colifata

Entre as actividades programadas arredor da exposición “Entre Marbella e Torremolinos [imaxes de manicomio]”, de Xosé Reigosa (Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos), coa colaboración do Clube Cultural Valle-Inclán, este xoves, 26 de xaneiro, ás 20:00 h. proxéctase a película "LT22 Radio La Colifata" un documental que amosa un proxecto pioneiro do Hospital Psquiátrico Borda (Bos Aires) ao crear unha emisora para que os enfermos mentais puidesen expresarse libremente e mantivesen o contacto coa sociedade, unha especia de terapia social. A proxección vai ter lugar no Salón de Actos da Deputación e a entrada é libre e gratuíta. + info sobre LT22 Radio La Colifata
+ info sobre a exposición


« 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768