Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades


29/06/2011 CONFERENCIA-CONCERTO: Historias de Lugo arredor da música, a cargo de Cantar Delas e Adolfo de Abel Vilela

O mércores, 29 de xuño de 2011, ás 20.00 horas, no claustro do Museo Provincial de Lugo, CONFERENCIA-CONCERTO "Historias de Lugo arredor da música", a cargo de Cantar Delas e Adolfo de Abel Vilela. + info e Programa>>


21/06/2011 PROGRAMA ACTIVIDADES DE VERÁN 2011 no MPLugo

Inscricións para os obradoiros :a partir do xoves, 23 de xuño, ás 10:30 horas. Horario de Inscricións: de 10:30 a 14.00 h., no Departamento de Didáctica do MPLugo. Unha amplísima oferta de obradoiros con prazas para máis de 120 alumnos/as, exposicións, concertos, visitas guiadas para todos os públicos e intereses, e outras moitas actividades para un verán "de museo". + Info e PROGRAMA>>


17/06/2011 ESTE VENRES, presentación e proxección de 'Doli, doli, doli… coas conserveiras. Rexistro de traballo', un documental de Uqui Permui

Presentación e proxección no Refectorio do MPLugo, o venres, 17 de xuño, ás 19:00 horas do documental dirixido por Uqui Permui Doli, doli, doli… coas conserveiras. Rexistro de traballo. Entrada libre e gratuíta. + info sobre o documental >>


07/06/2011 Obradoiro: Contos no convento

o xoves, 9 de xuño, a partir das 18.30 h., vaise desenvolver no MPLugo o obradoiro Contos no convento, coordinado por Carlos Rodríguez Ocampo, director do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros e Lucía Dequidt Lagares, do Departamento de Didáctica do MPLugo. Participa o alumnado de E. Infantil e E. Primario do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros , de Lugo. Este obradoiro que se vai desenvolver en diferentes dependencias do antigo convento de San Francisco conta coa colaboración do profesorado e alumnado do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, de Lugo.


03/06/2011 Venres, 3 de xuño de 2011: Clausura dos actos do 80 aniversario da declaración BIC do convento de San Francisco

Este venres, 3 de xuño, poñemos remate aos actos conmemorativos do 80 aniversario da declaración BIC do convento de San Francisco cunha conferencia a cargo do historiador Adolfo de Abel Vilela (20:00 h.) e a continuación, a partir das 21:30 h., desenvolverase a vídeo proxección Gaiola de grilos II a cargo da artista lucense Marta Prieto. Esta actividade rematará cunha espectacular solta de obxectos que se "liberarán" ao espazo desde o claustro do MPLugo para o que precisamos a colaboración de todos e todas, amigos e amigas do MPLugo que teñan a ben colaborar. Para esta actividade contamos coa colaboración da ASOCIACIÓN DE FOTÓGRAFOS DE Lugo. Agardámosvos! + info>>


28/05/2011 VISITAS GUIADAS ao convento de San Francisco (igrexa de San Pedro e edificio do Museo Provincial)

O sábado, 28 de maio, como todos os sábados ás 11:00 horas, (desde o 9 de abril ata o 28 de maio), o Departamento de Didáctica do MPLugo organiza visitas guiadas para todos os públicos ás dependencias do antigo convento de San Francisco (igrexa, claustro, cociña e refectorio) con motivo celebrarmos o 80º aniversario da declaración como BIC deste singular edificio. A visita é gratuíta e non é precisa inscrición previa. + seguir lendo>>


25/05/2011 I Seminario Monográfico de Historia Antigua: Introducción á Epigrafía Romana

Entre os días 6 e 10 de xuño vaise desenvolver no MPLugo este seminario organizado pola Facultade de Humanidades da USC-Lugo, baixo a dirección da profesora Mª Dolores Dopico Caínzo e dirixido ao alumnado da Licenciatura de Humanidades do Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e de calquera otra especialidade que estean interesados no tema. Todas as sesión, impartidas pola profesora Mª Dolores Dopico e o arqueólogo do MPLugo, Enrique Alcorta, terán lugar no MPLugo os días 6, 7, 8, 9 e 10 de xuño, a partir das 5 da tarde.+ info sobre programa e incrición>>


« 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768