Museo Provincial de Lugo
|
|
 |
Actividades
|
|
23/12/2010
NADAL 2010: As criaturas de Iván no MPLugo
Aproveitando a estadía temporal das “criaturas” de Iván Prieto na sala 22 do MPL (Proxecto: Diálogos), propoñémosvos dialogar con el e coas súas creación para, segundo as súas instrucións, imitar o proceso creativo do artista: da idea ao papel, do papel ao volume… poñamos que modelado en plastilina. E xa terás unha criatura de teu. + info e contacto>>
|
|
15/12/2010
Programa de Actividades para o Nadal 2010 no Museo Provincial de Lugo
A directora do MPL, Aurelia Balseiro, xunto coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentaron os programas de actividades a desenvolver neste Nadal 2010 nos museos da Rede Museística dependente da Área de Cultura da Deputación de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Etnográfico San Paio de Narla e Pazo de Tor cunha variada oferta de obradoiros e actividades diversas para todas as idades + info sobre PROGRAMA e INSCRICIÓNS no Museo Provincial de Lugo>>
|
|
09/12/2010
Encontros no Camiño Norte, no MPL
A Asociación de “Amigos del Camino de Santiago de la provincia de Lugo” vai celebrar a xuntanza “Encontros no Camiño Norte” na Sala Multiusos do MPL este sábado, 11 de decembro, entre as 11 e as 14 horas.
Dará a benvida a esta reunión en representación da Área de Cultura da Deputación de Lugo o vicepresidente primeiro, Antón Bao, e impartirá unha conferencia a directora do MPL, Aurelia Balseiro.
+ info e programa>>
|
|
29/11/2010
O Museo coa Muralla
O Museo Provincial de Lugo quere celebrar con todas e todos os lucenses o X Aniversario da inscrición da Muralla de Lugo por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade coa proxección a partir do día 30 de novembro, a partir das 10:30 horas, dun vídeo-documental da autoría de Enrique Alcorta que resume todas as actividades (exposicións, conferencias, obradoiros, actividades didácticas...) que o MPL desenvolveu durante este ano 2010 para conmemorar esta efeméride. + info>>
|
|
18/11/2010
CONFERENCIA: Os depósitos do Museo do Prado no Museo Provincial de Lugo, por Mercedes Orihuela Maeso
Conferencia: Xoves, 18 de novembro, ás 19:30 horas. "Os depósitos do Museo do Prado no Museo Provincial de Lugo”, por Mercedes Orihuela Maeso, conservadora e responsable do Servicio de Depósitos de Obras de Arte do Museo Nacional do Prado. Esta conferencia forma parte do programa de actividades culturais complementarias da exposición "Museo do Prado. Os depósitos no Museo Provincial de Lugo". + info>>
|
|
08/11/2010
OBRADOIRO: Iniciación aos procedemnetos pictóricos
Como complemento da exposición "Museo do Prado. Os depósitos no Museo Provincial de Lugo", mañá martes, día 9 de novembro, de 10,00 a 14,00 horas, terá lugar no devandito museo un obradoiro denominado "Iniciación aos procedemnetos pictóricos" que se vai desenvolver tamén nas xornadas dos dias 16 e 23 deste mes. Esta actividade, realizada en colaboración coa Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón” será impartida polo profesor e artista Alejandro Carro que contará coa asistencia técnica de Dores de las Cuevas. Dirixida a estudantes maiores de 18 anos, este obradoiro está limitado a 20 participantes que poden formalizar a inscrición no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo. + info sobre a exposición e actividades culturais complementarias>>
|
|
30/10/2010
Concerto de Iria Rajal
No marco das actividades complementarias arredor da exposición "Museo do Prado. Os depósitos no Museo Provincial de Lugo", o vindeiro sábado, 30 de outubro, ás 20:00 horas, vai ter lugar no Museo Provincial de Lugo un concerto a cargo da mezzosoprano viveirense Iria Rajal acompañada ao piano por Abel Iturrriaga. Entrada libre e gratuíta.
+ Consulte o Programa>>
|
|