Museo Provincial de Lugo
|
|
 |
Actividades
|
15/01/2013
CONFERENCIA: Santa Eulalia de Bóveda e o seu contorno arqueolóxico, por Enrique Montenegro Rúa
O próximo venres, 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, o Museo Provincial de Lugo acolle a conferencia “Santa Eulalia de Bóveda e o seu contorno arqueolóxico”, impartida por Enrique Montenegro Rúa, Licenciado en Xeografía e Historia pola UNED e doctorando pola Universidad Autónoma de Madrid. Este acto , organanizado polo Club Cultural Valle-Inclán, será presentado por Felipe Arias Vilas, director do Museo de Viladonga.
A conferencia é un complemento á viaxe que os socios/as do Club Cultural Valle-Inclán realizarán o domingo, día 20, a Sta. Eulalia de Bóveda: Bóveda, castros de Prógalo e Corvazal, igrexas de Seoane do Alto, Bacurín, S. Román e Sta. Cruz da Retorta.
ENTRADA LIBRE
|
|
09/01/2013
OBRADOIRO. Escoita! Os museos tamén contan historias
Como complemento da exposición “Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado” que se pode visitar no Museo Provincial de Lugo ata o 31 de xaneiro, os sábados 12, 19 e 26 do presente mes, ás 12 horas, terá lugar nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) a actividade “ESCOITA! OS MUSEOS TAMÉN CONTAN HISTORIAS”.
|
|
28/12/2012
Acto de entrega do Premio Otero Pedrayo 2011 a Basilio Losada no MPLugo
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, entrega este venres, 28 de decembro de 2012, o premio ‘Otero Pedrayo 2011’, na súa XXXV edición, ao lingüista lancarés Basilio Losada. Este acto solemne terá lugar nunha das salas do MPlugo ás 19:00 horas.
|
|
26/12/2012
Presentación do Catálogo do Roteiro artístico-literario Fiz Vergara Vilariño polo Val do Láncara
Museo Provincial de Lugo, venres 28 decembro 2012, ás 20:00 horas. Convoca: Asociación Cultural Ergueitos. Patrocina: Área de Cultura e Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo.
ENTRADA LIBRE
|
|
13/12/2012
Pedindo pousada. Rito do Nadal mexicano no MPLugo
A comunidade mexicana en Lugo organiza, en colaboración do MPLugo, unha actividade denominada “Pedir pousada”, unha festa que ten lugar no país americano entre os días 16 e 24 de decembro, e que consiste en pedir albergue, pousada, acollemento para a Sagrada Familia nos días previos ao nacemento de Xesús.
|
|
13/12/2012
NADAL 2012 NA REDE MUSEÍSTICA: Programa de obradoiros e actividades
Nos museos da Rede escollemos ao Apalpador como embaixador da alegría. Escollémolo porque vén de aquí ao lado, das montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, e porque nestes tempos tan difíciles preferimos quedar coas súas castañas quentiñas, con un sorriso e un desexo de paz e de esperanza. Non precisamos case nada máis. Abóndanos con iso, e con que ao rematar este tempo de Nadal todos, grandes e pequenos, quedemos co ánimo curado de calquera desgusto que nos puidesen deixar estes tempos pasados.
|
|
11/12/2012
Dramaturxias de Baúl, no MPLugo
O venres, 14 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar, no Museo Provincial de Lugo, a segunda edición das Dramaturxias de baúl, unha REPRESENTACIÓN TEATRAL que ademais sirve como acto de clausura das accións formativas do ano 2012 do Proxecto teatral Buxiganga que promove a área de Cultura da Deputación de Lugo.
|
|