Museo Provincial de Lugo
|
|
 |
Actividades
|
29/08/2012
CONCERTOS FLORAIS: Fred Martíns
Para porlle o punto ao ciclo denominado Concertos florais, iniciativa da Rede Museística da Deputación de Lugo, que se veu desenvolvendo todos os venres de xullo e agosto nos xardíns do Museo Provincial de Lugo, este venres, 31 de agosto, ás 21:00 horas, contamos coa actuación do cantante e compositor FRED MARTINS.
... ler máis
|
|
24/08/2012
CONCERTOS FLORAIS: Cé Orquestra Pantasma
Dentro do ciclo de Concertos florais, iniciativa da Rede Museística da Deputación de Lugo, que teñen lugar todos os venres nos xardíns do Museo Provincial de Lugo, mañá venres, día 24 de agosto, ás 21,00 horas, terá lugar un novo concerto a cargo da CÉ ORQUESTRA PANTASMA, nome baixo o que se agocha o vigués César Freiría, músico autodidacta que comeza a súa andaina musical aos oito anos, dentro da música tradicional, e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu.
A entrada a este acto é libre e gratuíta.
... máis info
|
|
|
20/07/2012
CONCERTOS FLORAIS: Paloma Suanzes
Este venres, 20 de xullo, continúa o ciclo “CONCERTOS FLORAIS”. Unha iniciativa do MPLugo e da Rede Museística da Deputación de Lugo que se se desenvolve nos Xardíns do Museo (con entrada desde a Rúanova), todos os venres de xullo e agosto, sempre ás 21 horas. Tócalle a quenda a Paloma Suanzes, cantautora con raíces folk, que nos presentará algunhas cancións inéditas.
+ info
|
|
13/07/2012
CONCERTOS FLORAIS: Tundal
Este venres, 13 de xullo, continúa o ciclo “CONCERTOS FLORAIS”. Unha iniciativa do MPLugo e da Rede Museística da Deputación de Lugo que se vai desenvolver nos Xardíns do Museo (con entrada desde a Rúanova), todos os venres de xullo e agosto, sempre ás 21 horas. Tócalle a quenda a Tundal, un grupo lucense de recente creación cun repertorio de músicas e letras tradicionais.
+ info
|
|
10/07/2012
CONCERTOS FLORAIS: NAJLA SHAMI
Este venres, 3 de agosto, continúa o ciclo “CONCERTOS FLORAIS”. Unha iniciativa da Rede Museística da Deputación de Lugo que se se desenvolve nos Xardíns do Museo Provincial de Lugo (con entrada desde a Rúanova) todos os venres de xullo e agosto, sempre ás 21,00 horas. Tócalle a quenda a NAJLA SHAMI, Compositora e cantora de grande versatilidade cunha ampla traxectoria no mundo da música, as artes e o ensino.
|
|
05/07/2012
CONCERTOS FLORAIS: Xoán Curiel
Este venres, 6 de xullo, comeza o ciclo “CONCERTOS FLORAIS”. Unha iniciativa do MPLugo e da Rede Museística da Deputación de Lugo que se vai desenvolver nos Xardíns do Museo (con entrada desde a Rúanova), todos os venres de xullo e agosto, sempre ás 21 horas. Comezamos coa actuación de Xoán Curiel e o seu espectáculo Petisco magnético zen, un artista que fai pop galego con influencias de world music. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente. Magnético Zen é o seu último álbum, no que ofrece a súa particular visión crítica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual.
+ info
|
|
29/06/2012
Presentados os programas de actividades para o VERÁN 2012: Museo Provincial de Lugo
O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, deu a coñecer hoxe os programas coas propostas de actividades para o período vacacional nos catro museos xestionados pola Rede Museística Provincial. + Programa de actividades do Museo Provincial de Lugo
|
|