Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades


  17/06/2013 Encontro Portugal-Galiza: Mosaicos Romanos

O Museo Provincial de Lugo será a sede da 3ª sesión deste Encontro Portugal-Galiza: Mosaicos Romanos: Fragmentos de cultura nas proximidades do Atlântico que se van desenvolver entre os días 6 e 7 de xullo no Museu da Villa Romana do Rabaçal, en Penela, no Museo D. Diogo de Sousa, en Braga, e no MPLugo, na mañá do domingo, 7 de xullo.


12/06/2013 Verán 2013 na Rede Museistica: Museo Provincial de Lugo

Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentaron os programas coas actividades previstas para os meses deste verán 2013 nos catro museos da Rede.


10/06/2013 Proxecto global EnREDarte: Creación, promoción e difusión das artes

A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, promove o proxecto global ENREDARTE concibido para incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas, musicais, literarias … ENREDARTE aglutina cinco iniciativas diferentes que teñen como denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que conflúen nun mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión das creación dos artistas, tanto dos consagrados como dos novos valores (Diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio Aberto, I Simposio Arte e Natureza e Saudarte). O proxecto ENREDARTE vaise desenvolver nos catro museos da Rede Museística Provincial, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no antigo Hospital de San Xosé, ao longo do segundo semestre do ano 2013.


04/06/2013 Outlet do Libro Galego no MPLugo

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, participou esta mañá no Museo de Lugo na presentación do Outlet do Libro Galego, que terá lugar na sala de exposicións desta institución museística entre o 8 e o 16 deste mes. Na presentación deste outlet estivo acompañado de Xosé Aldea, representante da Asociación Galega de Editores, asociación coordinadora deste Outlet do Libro Galego.


03/06/2013 O III Seminario Monográfico de Historia Antiga no MPLugo

O III Seminario de Historia Antiga, coordinado pola profesora Mª Dolores Dopico Caínzos e organizado pola Facultade de Humanidades da USC-campus de Lugo, vaise desenvolver entre os días 3 e 7 de xuño deste 2013, no Museo Provincial de Lugo e no Museo do Castro de Viladonga. O arqueólogo do MPLugo, Enrique Alcorta Irastorza, impartirá 3 sesións deste curso dirixido a alumnado da licenciatura de Humanidades, do grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, e de calquera outra especialidade interesados no tema.


27/05/2013 Comeza o ciclo documental A NOSA TERRA, A NOSA CULTURA, no MPLugo

Este mércores, 29 de maio, ás 20:00 h., no MPLugo, comeza o ciclo documental, organizado por ADEGA (A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ), en colaboración coa Área de Cultura e Turismo e a Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo. O ciclo A NOSA TERRA, A NOSA CULTURA enmárcase na Campaña de ADEGA denominada PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO. Entrada de balde.


21/05/2013 Museos multisensoriais. A ONCE e o MPLugo dánse a man para ver e sentir a arte

Con motivo da XX edición do Día da ONCE en Galicia, e dentro do programa de actos da Semana Cultural organizada en Lugo con tal motivo, o vindeiro xoves, día 23 de maio, de 11:00 a 12:30 horas e de 17:00 a 18:30 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo unha VISITA MULTISENSORIAL.


  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768