Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



24/10/2014 Samaín 2014, no MPLugo

O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto con representantes da Asociación Revoslta Natural presentaron o programa de actos e actividades que se van desenvolver no MPLugo con motivo da celebración do Samaín 2014.


14/10/2014 Ma-ma Maxia na Sala de Exposicións da Deputación

O colectivo Bico de leite en colaboración con Zampacontoz, con Charo Pita, presentan o espectáculo ‘Ma-ma Maxia’ e un pequeno obradoiro. Será o sábado, 18 de outubro, ás 12:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación). Unha representación paras as familias e un obradoiro de debuxo sobre aleitamente materno para os cativos. Esta actividade está patrocinada pola área de Benestar e Deporte, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo.


13/10/2014 3ª sesión do II CICLO DOCUMENTAL: TRADICIÓN E USOS DO MONTE

ADEGA presenta este ciclo, cuxa terceira sesión terá lugar o mércores, 15 de outubro, ás 20h., no refectorio do Museo Provincial de Lugo. A modo de cinefórum no que expor traballos que dificilmente poden ser vistos nas canles habituais. As diferentes sesións do ciclo permitirán á cidadanía, intercambiar reflexións e experiencias cos autores dos diferentes traballos documentais e expertos dos diversos eidos sobre os que versan estas obras audiovisuais, creando deste xeito, un espezo de análise e debate do que extraer conclusións e novas vías de traballo, de dinamización do rural e de defensa da nosa cultura e territorio.


08/10/2014 COCIÑANDO CONTOS (V Semana do Libro e a Lectura de Lugo, no MPLugo)

Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto con Xoán Costa, presidente da AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) presentaron o programa da V Semana do Libro e a Lectura de Lugo que baixo o título “Cociñando contos” vaise desenvolver no MPlugo entre o 19 e o 25 de outubro. Esta actividade, organanizada pola AS-PG, conta coa colaboración da editora OQO e o patrocinio da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.


19/09/2014 Actos nos museos da Rede Museística arredor do centenario do nacemento de Celestino Fernández de la Vega

Con motivo de cumprirse o martes, 23 de setembro de 2014, o centenario do nacemento en Friol do filósofo Celestino Fernández de la Vega, a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e os museos da Rede Museística convértense en sede de varios actos arredor desta efeméride. Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo xunto a María Xesús Vázquez Lobeiras, profesora da facultade de Humanidades do campus de Lugo, presentaron as xornadas de homenaxe ao mestre e filósofo Celestino Fernández de la Vega, cuxo primeiro acto se levará a cabo mañá no propio museo lugués.


18/09/2014 Un antes e un despois, o colectivo de xord@s no MPLugo

Mañá, venres, 19 de setembro, a partir das 12:30 horas, desenvolverase no MPLugo unha xornada de portas abertas organizada por ASORLU (Asociación de Personas Sordas de Lugo) e a Rede Museística, co patrocinio da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Esta actividade enmárcase no proxecto de Museoloxía Social que desenvolve a Rede Museística co obxectivo de achegar recursos para motivar a creatividade entre diferentes colectivos.


17/09/2014 Presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

O mércores, 17 de setembro, ás 20:00 h., no refectorio do MPLugo, Xurxo Souto presenta o seu novo libro: Contos do Mar de Irlanda.


  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768