Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA Videoteca || Axenda || Axenda Interna
MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Etnográfico San Paio de Narla

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



28/08/2012
Campamento arqueolóxico no Museo Etnográfico de San Paio de Narla

Dentro do programa de Actividades de Verán organizado pola Rede Museística da Deputación de Lugo, desde mañá, martes, 29 de agoto e ata o venres, 31, vaise desenvolver no Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol, Lugo) un obradoiro consistente na realización dunha escavación arqueolóxica na que van participar 29 rapaces e rapaces de entre 4 e 12 anos, en tres xornadas de mañá, de 11 a 14 horas.
O obradoiro baixo a dirección técnica do arqueólogo do MPLugo, Enrique Alcorta, e a coordinación da xerente da Rede, Encarna Lago, pretende sensibilizar aos máis novos sobre a importancia do coñecemento e conservación do noso pasado.
Con esta actividade e coa que se vén desenvolvendo no MPLugo baixo o nome “Deseño e moda” rematan as actividades programadas para os máis pequenos durante o verán e que se viñeron desenvolvendo nos catro museos xestionados pola Rede Museística coa participación de case douscentos mozos e mozas.
O vindeiro luns, 3 de setembro, acto do que informaremos con máis detalle proximamente, celebraremos o remate desta xeira cunha festa e a presentación dunha asociación infantil de amigos dos museos da Rede Museítica.




< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768