Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA Videoteca Axenda
MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Etnográfico San Paio de Narla

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



31/08/2012
OS PEQUEAMIGOS DA REDE. Clausura dos obradoiros de verán e presentación dun clube infantil de amigos e amigas dos museos da Rede Museística

O luns, 3 de setembro de 2012, ás 18.00 h., vai ter lugar no Museo Provincial de Lugo o acto de clausura dos obradoiros programados para o Verán 2012 nos 4 museos xestionados pola Rede Museística da Deputación de Lugo, área de Cultura e Turismo, vicepresidencia primeira, e a presentación do CLUBE PEQUEAMIGOS DA REDE. Nestes obradoiros participaron ao longo do verán 190 rapaces e rapazas, entre 4 e 12 anos.

PROGRAMA
18:00 h.- Recepción por parte do deputado delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, da xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e dos traballadores dos departamentos de didáctica dos museos da Rede de mozos e mozas, e dos pais e nais, que participaron nos obradoiros ENRÉDATE NA REDE, desenvoltos ao longos dos meses de xullo e agosto de 2012.
-Presentación do Proxecto PEQUEAMIGOS DA REDE
-Entrega dos Diplomas acreditativos da asistencia aos obradoiros ENRÉDATE NA REDE da Rede Museística Provincial de Lugo.
-Entrega dos carnés aos membros do CLUBE PEQUEAMIGOS.
-Proposta para debater sobre datas, horarios e contidos con pais, nais, nenos e nenos dunha programación de actividades e obradoiros creativos de carácter permanente nos catros museos dependentes da Rede Museística.
-Visita á exposición de materiais elaborados polos participantes nos obradoiros ENRÉDATE NA REDE. Unha representación dos mozos e mozas asistentes a estes obradoiros disertará brevemente sobre “O museo na miña vida”.
-Pasarela de moda mariñá. Mostra dos deseños elaborados polos asistentes ao obradoiro de deseño e moda, con modelos inspirados no cartaz “Viveiro” da autoría de Manuel Bujados.
-Espectáculo musical para os máis pequenos a cargo do músico CÉ ORQUESTRA PANTASMA. Un divertimento composto por melodías, xogos musicais e cantigas de diferente tipo: acumulativas, xestuais, imitación, creativas, danzadas… para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete… ata cair de cú!!!
-Clausura do acto cun agasallo moi doce.

Información e contactos
Xerencia Rede Museística
Tfno.: 982242112 / 699836883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
http://www.museolugo.org
-VISITA o - Álbum PEQUEAMIGOS DA REDE




< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768