21/10/2012
Ciclo de Cine Itinerante Amal Musical: Festival in the desert, no Museo Fortaleza San Paio de Narla
A Rede Museística da Deputación de Lugo colabora co Festival Amal ofrecendo nos catro museos algunhas das películas que concorren. Neste caso, no Museo Fortaleza San Paio de Narla, o domingo, 28 de outubro, ás 20 horas, proxectarase FESTIVAL IN THE DESERT. Entrada libre e gratuíta.
FESTIVAL IN THE DESERT
Lionel Brouet / Sahara, Francia/ 2003 / 52 min
Os homes azuis do deserto visten roupas occidentais e tocan guitarras eléctricas. Sobre a area do Sahara as culturas mestúranse, coma a voz de Robert Plant cos ritmos Tuareg. O festival do deserto acerca e une realidades.
A música é unha forma de expresión que ten unha orixe ancestral nas culturas árabes, o mesmo que en Galicia. É unha linguaxe sensible e universal que ao igual que o cine pode unir os pobos de todo o mundo e levarnos a establecer novas vías de comunicación e diálogo. Por iso, este ano contará cun programa que vai reunir cine e música, así como artistas árabes e galegos.
O Ciclo Itinerante de Cine Amal Musical está organizado polo Festival Amal en colaboración co MACUF (A Coruña), o MARCO (Vigo), a Rede Museística de Lugo e o Centro Cultural Deputación de Ourense-Marcos Valcárcel, así como salas de música en vivo en toda Galicia (Xancara Jazz, o Contrabaixo, o Garufa, El Jazz Filloa, o Bâbâ Bar).
Todo o mes de Outubro de 2012, o público poderá asistir a proxeccións gratuítas de cine documental musical nos museos e a concertos nas salas colaboradoras. Para gozar do cine e da música feita en Galicia e no mundo durante catro semanas seguidas.
Proxeccións nos museos da Rede Museística
-CHEKPOINT ROCK, Museo Provincial de Lugo, xoves, 25 de outubro, ás 20 horas.
-BRIDGING THE GAP, Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo, venres, 26 de outubro, ás 20 horas.
-NEXT MUSIC STATION: MARRUECOS, Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos, sábado, 27 de outubro, ás 20 horas.
-FESTIVAL IN THE DESERT, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol, domingo, 28 de outubro, ás 20 horas.
-... + info sobre o ciclo de cine
< voltar
|