Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
|
 |
Actividades
|
07/12/2011
Proxeccións sobre discapacidade, esta fin de semana nos museos Deputación
Os museos da Rede da Deputación (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Museo Etnográfico San Paio de Narla, en Friol, e Pazo de Tor, en Monforte), a través do Departamento de Accesibilidade e Capacidades, programan cine da discapacidade esta fin de semana, para seguir lembrando o Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2011 …ler máis: calendario e horarios de proxección
|
|
|
07/12/2011
OBRADOIRO: Arte e parte. O desafío de voar coas propias ás
...ler mais: calendario e horario, concepto, obxectivos e metodoloxía
|
|
02/12/2011
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2011
Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo, co lema "Museos sen límites, museos posibles" celebran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2011. Antonio Veiga Outeiro, viceprresidente da Deputación , Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo, e Encarna Lago, xerente da Rede, presentaron un programa de actividades que se van desenvolver nos catro museos da Rede desde o 3 de decembro ata finais de xaneiro de 2011. ... ler máis (programa)
|
|
30/11/2011
Celebramos o Día Internacional da Persoas con Discapacidade 2011 con visitas guiadas telefónicas e con proxeccións sobre discapacidade.
O 3 de decembro foi declarado pola UNESCO Día Internacional das Persoas con Discapacidade en 1992. Os museos da Rede da Deputación (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Museo Etnográfico San Paio de Narla, en Friol, e Pazo de Tor, en Monforte), a través do Departamento de Accesibilidade e Capacidades, programan unha serie de actos e actividades cos que se pretende concienciar e fomentar na sociedade a integración das persoas que por moi diversas razóns precisan dunha discriminación en positivo. …ler máis
|
|
24/11/2011
O Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero nos museos da Rede Museística
O 25 de novembro, o Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero, os museos da Rede dependente da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo celebrámolo convidándote a visitarnos e a participar nas actividades programadas: unha visita guiada en clave feminina e unha actividade baseada nun texto da tradición oral; ambas inciden na necesidade de que os museos tamén somos conscientes da necesidade de educar en valores. Todas e todos as/os visitantes que se acheguen ao Museo Provincial do Mar, en San Cibrao-Cervo, Museo Pazo de Tor, en Monforte, e Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol...
... ler máis (programa de actividades)
|
|
19/10/2011
A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR: Obras de Magdalena Seixas nos museos da Rede da Deputación de Lugo
Dentro do proxeto “A arte de ser muller nun mundo por compartir 3.0” inaugúrase a proposta de artista lucense Magdalena Seixas que vai permanecer en exposición nos museos da Rede Museística da Deputación (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) durante os próximos días: + info
|
|
11/10/2011
A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR: Obras de Marta Prieto nos museos da Rede da Deputación de Lugo
Dentro do proxeto “A arte de ser muller nun mundo por compartir 3.0” inaugúrase a proposta de Marta Prieto Viendo sin ser vista. Esta mostra só vai permanecer en exposición nos museos da Rede Museística da Deputación (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) unha semana: + info
|
|