Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
MUSEO PROVINCIAL DO MAR Axenda
MUSEO PROVINCIAL DO MAR

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook






Gráfico separador

>   Actividades




03/03/2010
A arte de ser muller nun mundo por compartir

Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo súmanse ás conmemoracións arredor do Día da Muller, 8 de marzo, e do Ano Internacional do Achegamento entre Culturas, promovido pola UNESCO, con diversos actos e actividades. Estes actos vanse desenvolver desde o 4 ata o 15 de marzo no Museo Etnográfico San Paio de Narla, o 10 de marzo no Museo Pazo de Tor, e o 13 de marzo no Museo Provincial do Mar consonte ao programa que se adxunta.+ info >>

A celebarción do Día da Muller cada 8 de marzo serve para visibilizar as loitas e demandas que significaron avances na vida de millónns de mulleres creando novas formas de pensamento.
A Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, programa unha serie de actos para amosar distintas experiencias, culturas, políticas e orixes étnicas, que comparten o obxectivo común de superar a violencia e a pobreza para contribuír a que mundo que queremos sexa de paz, xustiza , liberdade, igualdade e a solidariedade.

_______________________PROGRAMA
MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA
Do 4 ao 15 de marzo
Horarios: mañá e tarde
-Actividade: Didáctica para o desenvolvemento desde uha perspectiva de xénero.
Imparten: Francisca Abuín , Encarna Lago e Ana Ferro. Participan grupos escolares.

MUSEO PAZO DE TOR
10 marzo
Horario:17:30 horas
Mesa Redonda: Muller e discapacidade. A arte de ser muller.
Modera Encarna Lago :
Interveñen mulleres vencelladas ao mundo da discapacidade

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
13 marzo
Horario: 17:30 horas
Actividades:
1-Exposición Videorede “Xenéricas”. Exposición que actualmente percorre por diversas ciudades de América e na que participan mulleres artistas de Galiza, Arxentina, Perú, Brasil, Uruguai, Canarias e Extremadura. A través de vídeoconferencia intervirá desde Arxentina a comisaraia da mostra Micaela Fernández.
2-Mesa Redonda: “A Arte de Ser muller nun mundo por compartir”
Temas atratar: Ano internacional do achegamento entre culturas 2010 e Día da muller traballadora.
Moderadora.: Encarna Lago, Xerente da Rede Museística.
Participan: Redereiras, mariscadoras, panadeiras, directivas e artistas.

Enlaces de interese:
1230_DESCARGAR Cartaz_Programa.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768