Pazo de Tor
|
|
 |
Actividades
|
12/06/2013
Verán 2013 na Rede Museistica: Museo Pazo de Tor
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentaron os programas coas actividades previstas para os meses deste verán 2013 nos catro museos da Rede
|
|
24/05/2013
Dobre representación de Animaliños (de R. Vidal Bolaño) no Pazo de Tor
O domingo, 26 de maio, ás 16:00 h. vai ter lugar no Museo Pazo de Tor unha dobre representación da obra Animaliños de Roberto Vidal Bolaño, con unha adaptación de Eva F. Ferreira. O elenco de actores e actrices mozos do Obradoiro de Teatro do CEIP A Gándara realizará a primeira representación ás 16.00 horas, e, a continuación, o alumnado adulto da Aula Municipal de Teatro de Monforte poñerá en escena a mesma obra. Con estas representacións a Rede Museística da Deputación de Lugo pon remate aos actos organizados nos diferentes museos da Rede con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxeou ao dramaturgo e actor R. Vidal Bolaño.
|
|
09/05/2013
SEMANA DOS MUSEOS 2013: Museo Pazo de Tor
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e Encanrna Lago, xerente da Rede Museística, dan a coñecer os programas de actividades rpevisas para a SEMANA DOS MUSESO 2013 en todos os museos xestionados pola Rede Museística Provincial.
|
|
15/03/2013
Obradoiros ENRÉDATE na Rede Museística esta Semana Santa
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentaron o programa de obradoiros ÉNRÉDATE para a próxima Semana Santa.
|
|
11/02/2013
ESPAZO PÚBLICO DE VISIBILIDADE: Os nosos costumes, de Víctor Vila Fouz
Espazo público de visibilidade é un proxecto da Rede de Museos da Deputación de Lugo que nace co obxectivo de dar voz a todos e todas os/ as que teñan unha inquietude ou unha idea artística (en todas as súas disciplinas) sen un espazo onde desenvolvela. Os museos da Deputación de Lugo, como servizo público que son, abren as súas portas para favorecer a súa visibilidade.
Tócalle a quenda agora ao proxecto “Os nosos costumes”, unha proposta de Víctor Vila Fouz para o Museo Pazo de Tor
Pódese visitar a partir do 15 de febreiro de 2013.
|
|
01/02/2013
O ENTROIDO 2013 NA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Chegan os días de Entroido deste ano 2013, un período festivo cun calendario variable segundo a localidade, pero onde todo se revolve contra a orde establecida. Volven as máscaras e as representacións, os desfiles das comparsas, a troula e as risas. Son días de subversión e festa.
|
|
09/01/2013
OBRADOIRO. Escoita! Os museos tamén contan historias
Como complemento da exposición “Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado” que se pode visitar no Museo Provincial de Lugo ata o 31 de xaneiro, os sábados 12, 19 e 26 do presente mes, ás 12 horas, terá lugar nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) a actividade “ESCOITA! OS MUSEOS TAMÉN CONTAN HISTORIAS”.
|
|