Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
MUSEO PROVINCIAL DE PAZO DE TOR Axenda
MUSEO PROVINCIAL DE PAZO DE TOR

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook






Gráfico separador

>   Actividades



25/06/2010
Programa de actividades para o verán 2010 no Pazo de Tor

As actividades na Rede Museística configuranse como un nexo de unión ou complementación un espazo para compartir. Defendemos que o museo pode axudar a construción da identidade e o desenvolvemento da comunidade, favorecendo as relacións de cooperación, así como a colaboración intercultural. O prazo de matrícula comeza o venres, 25 de xuño, a partir das 11 h. e queda aberto ata cubrir as prazas previstas para cada obradoiro por rigorosa orde de inscrición. + Consulte o programa completo>>

No programa colaborativo deseñado dende a Xerencia da Rede presentamos un conxunto de obradoiros elaborados baixo os siguintes
principios:

SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfación persoal ao realizar algo feito por cada un mesmo.

PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva.

COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.

DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia. Así faremos webs, blogs ...

DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.

COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas:
- Aprender a coñecer
- Aprender a ser
- Aprender a vivir xuntos
- Aprender a facer

EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.

Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo tentan ano a ano satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e a cultura.

O papel do museo como un servizo cultura a comunidade , como un lugar aberto a diversas disciplinas artísticas, como un espazo de construción de experiencias. Dende a Rede non podemos imaxinar un museo illado do contexto que o rodea.

Baixo o título Museos espazos para compartir, Verán 2010 organizamos tres campamentos con multiples obradoiros nos Museos Fortaleza San Paio de Narla , Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar.

O deseño das actividades xira en torno a tres bloques temáticos:
Compartir disciplinas: Arte, ciencia e natureza
Compartir culturas: Proxectos de comunidade
Compartir en Internet: Proxectos de redes sociais

__________PROGRAMA DE ACTIVIDADES no PAZO DE TOR

O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega. Presenta unha colección musealizada que transmite a vida da fidalguía galega.

Cada estancia esta debidamente acondicionada e habilitada para cumprir ese fin e o obxetivo. Con este campamento ofrecemos un sinfín de posibilidades para aprender, imaxinar, compartir e disfrutar.

Un Pazo que se reinventa e avanza co paso do día a día …ven cumpre a vontade da donante que quixo que este museo fora teu.

Pazo de tor un museo para todos entre todos.

CAMPAMENTO NO PAZO DE TOR

Datas: 17, 18, 19 e 20 Agosto
Idades: de 4 a 15 anos
Horario : de 11,30 a 13,30 h
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Aprender a coñecer ,aprender a ser, aprender a vivir xuntos, aprender a facer. A idade dos nenos comprende un abano moi amplo, dos 4 ós 15 anos. Esta circunstancia unida á diversa procedencia dos participantes, requerirá que lle prestemos unha especial atención ó fomento de valores como o respecto pola diferencia, a responsabilidade para o coidado dos mais pequenos, o mantemento do material, a cooperación e as dinámicas de grupo...

Bloque 1: Mestres: Encarna Lago, Juan Ignacio Marquez e Cristina Barreiro

1- OBRADOIRO DE RELOXOS DE SOL
2- DOMINGO DE FONTÁN: CARTAS XEOGRAFICAS : Investigar,conservar e expoñer nun museo. Xogamos aos museólogos.
2- REDE DE HISTORIAS, XOGO DE ROL: CARLISTAS E FRANCESES EN TOR.
3- TWISTER DA DIVERSIÓN HISTÓRICA NO PAZO DE TOR
4- DE PORTO A PORTO.
5- VIDEOREDE:OBRADOIRO DE CÓMO FACER UNHA WEB , UN PROGRAMA DE RADIO, DE TV, REDES SOCIAIS.

Bloque 2: Mestres: Encarna Lago, Pilar Yáñez e Ruth Nuñez

Para compartir en familia:
6- OBRADOIRO DE TRANSMISIÓN DE SABERES DENDE A MIRADA DA EXPERIENCIA: INICIACION A CESTERIA.
7- RE-TRATO TE RETRATO: OBRADOIRO PARA AVOS E NETOS.

XOGOS ROMANOS DE TABOLEIROS

Mestres: Monitores da Asociación cultural “Caetra Lucensium MMX”
Datas: 23,24 e 25 Agosto
Idades: de 8 a 12 anos
Horario: de 17 a 19:30 h.
Prazas: 15 particpantes
Obxectivos: Estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural de Lucus Augusti e promover de modo lúdico competencias ligadas ás áreas das matemáticas e da historia.

CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA
Mestres:Enrique Alcorta Irastorza, Arqueólogo e Lucía Dequidt Lagares, Departamento de Didáctica
Datas: 27, 28 e 29 de xullo
Idades: De 6 a 9 anos
Horario: De 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 15 participantes

PRESENTACIÓN CANCIONEIRO DE MÚSICA POPULAR GALEGA:
Ayes de mi Pais!: O Cancioneiro de Marcial Valladares
DosAcordes 2010
Resumo: edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, "Ayes de mi país", compilación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX e que nunca foran publicadas na súa totalidade. Exhaustivo traballo feito polos investigadores José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin nunha análise histórica, documental e musicolóxica.
MINICONCERTO UGÍA PEDREIRA
EXPOSICIÓNS:

VIDEPROXECIÓN: SOMBRAS DE SONOS NO BOSCO UXÍO NOVONEYRA NO CUARTO DE CONVIDADOS

TRABALLOS DE RESTAURACIÓN DO MAPA DE FONTÁN

__________Información e inscricións:
Pazo de Tor
San Xoán de Tor
27591 Monforte de Lemos (Lugo)
Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org

Enlaces de interese:
1297_PROGRAMA_VERÁN_2010_Pazo de Tor.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768