Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Museo Provincial




13/07/2012
EXPOSICIÓN: Arte para gozar (Sensualidade e erotismo nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo)

INAUGURACIÓN: xoves, 12 de xullo, ás 20:00 horas. SALA DE EXPOSICIÓNS DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO (Do 12 de xullo ao 30 de setembro (prorrogado ata finais de outubro) de 2012). Esta mostra é representativa de diferentes sensibilidades en distintas épocas, desde o mundo clásico ata a actualidade. O amor e o erotismo mitolóxico, relixioso, heterosexual ou homosexual, galante ou coqueto, os espidos, os equívocos, os tópicos e os prexuízos, o sensualismo irreverente, o reprimido e o provocado … todo un mosaico de suxestións para os sentidos.
... ler máis

BLOGUE OFICIAL DESTA EXPOSICIÓN: Imaxes, artigos, novas, comentarios…

Vídeo panorámico (360º)

ARTE PARA GOZAR
A través destas obras e pezas seleccionadas de entre os fondos dos catro museos que conforman a Rede Museística da Deputación de Lugo, tentamos chamar a atención do visitante sobre a sensualidade e o erotismo nas obras de arte. Trátase dunha mostra monográfica aínda que plural, diacrónica e polifacética, desde propostas técnicas e postulados sociais, ideolóxicos e relixiosos, en moitos casos, incompatibles.
Unha parte das obras e obxectos que se amosan forman parte da exposición permanente dos catros museos pero outras proveñen dos almacéns, polo que, ademais, esta é unha oportunidade única para coñecer estes fondos.
A arte procurou case sempre o goce do espectador, estimular os seus sentidos, pero non, necesariamente, consegue provocar o mesmo efecto en cada un deles. A nosa bagaxe cultural e as nosas experiencias activan fantasías que acaban conformando imaxinarios diferentes. Vemos e sentimos diferente porque distinta é a nosa resposta ás incitacións; onde algúns podemos transformar certos estímulos en pracenteiros, outros poden reaccionar con rexeitamento ou indiferenza.
Esta mostra é representativa de diferentes sensibilidades en distintas épocas, desde o mundo clásico ata a actualidade. O amor e o erotismo mitolóxico, relixioso, heterosexual ou homosexual, galante ou coqueto, os espidos, os equívocos, os tópicos e os prexuízos, o sensualismo irreverente, o reprimido e o provocado … todo un mosaico de suxestións para os sentidos.
Esta exposición rematará alá contra o outono co desenvolvemento dunhas xornadas sobre o erotismo en diferentes disciplinas (cine, literatura, arquitectura, música, fotografía, gastronomía …) abertas ao público en xeral e nas que intervirán coñecidos especialistas.
Por último, e en nome das traballadoras e traballadores dos museos da Rede da Deputación de Lugo que colaboraron con entusiasmo neste proxecto, queremos agradecerche a ti, prezado visitante, que nos honrases coa túa presenza.
[Fernando Arribas /Antonio Reigosa, comisarios da exposición]

Horario de visitas
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242 112 / Fax: 982 240 240
info@museolugo.org

Enlaces de interese:
1781_Folleto exposición_ARTE PARA GOZAR.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768