Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook






Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Pazo de San Marcos




14/06/2010
EXPOSICIÓN: Manuel Fernández 'Lolo'. As cores da terra, as cores do ceo

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo).
(Do 14 de xuño ao 31 de xullo de 2010).

Entrada gratuíta

Horario
Luns a venres: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 h. e 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: de 11 a 14 h.

Xullo e agosto
Luns a venres: 11 a 14 e 17 a 20 h.
Sábados: 10 a 14 h.
Domingos e festivos, pechado.


Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
Lugo

Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org

__________E logo estes azuis?
Nas casas do Manolo da Vila os ataños de barro enchen os celeiros, os sobrados, os faios, os cortellos. El foi xuntando olas, fontes, ámboas, xerras, cuncas, cacheleiras, e eran todas de barro inmemorial, coas colores da terra, coas colores do lume, coas colores que nunca eran azuis. As olas pra bater manteiga, as ámboas pra gardar o viño, as cacheleiras pra comer en rolda, as cuncas pra beber ou pra botarlle pan ó leite: a nosa vida doutro tempo.
Entón o Manolo da Vila puxo forno en Anseán e quixo completar o mundo: estas que fai son cousas novas. Son cousas novas pero non illadas, pois culminan as formas de milenios, as colores das eras. Eu vexo aquí –pero ben sei que non vos vexo abondo– o Mediterráneo fundador, Creta, Micenas, a leda Etruria principesca, Grecia dispersa en todas as ribeiras.
(Vexo tamén os grandes coios que hai nalgúns ríos do Bierzo e nalgúns montes de Castroverde, seguramente en Tórdea; vexo as undosas cunchas, o nácara irisado que as habita, as formas celentéreas gastadas polo mar, as espeluncas calcarias de fulgor opalino, os segredos da ágata, a malaquita, o lapislázuli, os diversos milagres do mundo mineral.)
E vexo un home concentrado sobre a arxila primordial e sobre as raras substancias que o forno alquímico transforma neste liso veludo de exquisitos matices, de marabillas táctiles. Do corazón do pobo xorde o artista; do amor das olarías vellas xorde esta nova xeira, esta modernidade chantada nos milenios.
Eu non digo que o Manuel da Vila se quede nos azuis, que ben se ve que non. Son os azuis, os pardos, os verdes, os vermellos, as mil insinuacións entre os matices, as colores do mundo e mais dos soños, o que a calor do forno arrinca da materia da terra e a materia dos soños. Dos sabios soños deste artista de mans hábiles e de ollo esculcador e pensativo. Velaquí a súa obra: a exactitude das formas, as colores espléndidas, o equilibrio do mundo, a beleza tranquila.
Darío Xohán Cabana

__________MANUEL FERNANDEZ “LOLO”
ANSEÁN-O CORGO (LUGO) 1956
GRADUADO EN ARTES APLICADAS (TALLA EN MADEIRA E CERAMICA)
INICIASE NO CAMPO DA CERAMICA DESPOIS DE PASAR POR DIVERSAS EXPERIENCIAS ESCULTORICAS, TRABALLANDO EN MADEIRA, PEDRA, CEMENTO...
CURSOS DE PERFECCIONAMENTO E TECNICAS CERAMICAS:
- ESMALTES CERAMICOS ESPECIALES (1993)
- FORMULACION DE ESMALTES (1995)
- ESCULTURA CERAMICA (1996)
- CURSO DE RAKU (1997)
- CURSO DE VIDRIADOS SALINOS (1998)
- CURSO DE RAKU OCCIDENTAL E COBRE FUGITIVO (1999)
- CURSO DE MOLDES (2001)
- CURSO DE EXPRESION CERAMICA (2002)
- CURSO DE CONSTRUCCION DE FORNOS PARA CERAMICA (2003)
-1995 PARTICIPA NA XXIV EXPERIENCIA DA ESCOLA LIBRE QUE SE CELEBRA EN SARGADELOS.
-1996 PARTICIPA NUNHA INICIATIVA PRIVADA ENFOCADA A RECUPERACION DE ALFARERIAS EXTINGUIDAS.
-1997 CARTA DE ARTESAN – Nº 1037
-1999 1º PREMIO NO CERTAMEN “ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS” DE ARTESANIA DA DEPUTACION DA CORUÑA.

EXPOSICIONS:
- VI BIENAL DE ESCULTURA DE SARRIA LUGO (1983)
- EXPOSICION COLECTIVA NO CIRCULO DAS ARTES EN LUGO (1984)
- EXPOSICION COLECTIVA EN MADRID (1995)
- EXPOSICION COLECTIVA EN SARRIA LUGO (1996)
- ARTE SAN FROILAN (1997)
- ARTE SAN FROILAN (1998)
- EXPOSICION COLECTIVA CENTRO DE ARTESANIA E DISEÑO LUGO (1998)
- EXPOSICION COLECTIVA EN OVIEDO (1999)
- EXPOSICION ITINERANTE NA PROVINCIA DA CORUÑA (2000)
- EXPOSICION COLECTIVA “EVOLUCION 2003” LUGO (2003)
- EXPOSICION EN LORIAN ( BRETAÑA) FRANCIA (2007)



Enlaces de interese:
1290_INVITACIÓN_Inauguración.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768