07/09/2008
Xedes Peón
Dende o 4 ao 28 de setembro de 2008.
Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación Provincial de Lugo).
Entrada gratuíta
Horario
Luns a venres: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 h. e 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: de 11 a 14 h.
Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
Lugo
Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org
_______________
XEDES PEÓN
Esta artista lucense nace no ano 1960, realiza estudos de Maxisterio e logo de diplomarse asiste a un curso monográfico de pintura na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo.
Anos máis tarde é alumna de X.Alvarez Pol e en xuño de 2005 participou no Taller Pablo Picasso, organizado polo Museo de Arte Contemporánea da Coruña e impartido polo artista Agustín Ibarrola.
Respecto da súa formación cerámica, realiza diversos cursos de torno, modelado e foi alumna do escultor Francisco Pérez Porto no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, onde traballou posteriormente como ceramista.
A súa pintura é de pincelada fresca, colorista, vital e nos seus temas podemos atopar paisaxes, escenas costumistas, sendo a muller unha dos seus principais protagonistas tanto na pintura como na cerámica.
Atópase cómoda pintando con calquera técnica: óleo, acuarela, mixta...
Ten obra permanente en galerías de Lugo e realizou desde o ano 1993 diversas exposicións, tanto individuais como colectivas, figurando as súas obras en coleccións privadas e públicas.
Enlaces de interese:
746_invit_xedes_peon.pdf
< voltar
|