Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Pazo de San Marcos




19/01/2009
EXPOSICIÓN: De hoxe para sempre...

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.
Dende o 30 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2009.

Entrada gratuíta

Horario
Luns a venres: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 h. e 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: de 11 a 14 h.

Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
Lugo

Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org

__________
Promove: Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Patrocina: Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Nesta exposición, complemento do ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades. Unha perspectiva actual, desenvolto nos meses de novembro, decembro e xaneiro, ofrecemos un percorrido pola vida política e cultural da Galiza no período comprendido entre os anos 1916 e 1936.
En 20 paneis, agrupados entre os títulos De hoxe para sempre… e Nós, nomeámonos, facemos un percorrido pola historia do nacionalismo galego desde os movementos provincialistas até o nacionalismo propiamente dito inaugurado polas Irmandades da Fala. As propostas realizadas nas diferentes asembleas das Irmandades, as tensións manifestadas entre partidarios da acción cultural e a política, os esforzos para crear unha prosa galega moderna, as propostas de normalización lingüística e cultural de Galiza; a creación do moderno teatro galego, a preocupación polo sistema educativo, etc. todo tivo cabida no pensamento das Irmandades da Fala, estando moitas das propostas por eles formuladas aínda hoxe en plena vixencia.
Isto é o que se pretende recoller nesta exposición.
Ofrecemos, en 7 paneis de formato e deseño diferentes, o texto do manifesto, un texto non suficientemente coñecido nin valorado polo que significou de aposta modernizadora da vida social e política da Galiza de comezos do século XX.
A proxección de dous vídeos sobre dúas figuras claves deste período (Castelao e Otero) complementarán a información ofrecida nos paneis da exposición.
Os títulos de cada panel están tomados de versos de Pintos, Cabanillas e Manuel María, ou de documentos das propias Irmandades, e pretenden ser evocadores do contido de cada panel.

1. De hoxe para sempre …
2.- Comeza o ronco a fungar.
3.- Puxo os cimentos da Galicia nova
4. A roxa labarada alumea a campía
5. Déronlle ao pobo galego un claro nacionalismo
6.- Zoan no vento as túas loitadoras, fortes verbas
7. Camiño adiante
8. A bandeira ergueita
9.- Irmáns! En pé sereos
10.-Teus cantares son semente!
11.- Cantemos o dereito á libre nova vida!
12. Un berro de ledicia vai no vento
13.- Para ledicia de todos
14.-Irmandados na fala e sentimento
15.- Era Galiza o seu norte e a patria o seu amor
16. Ben vidos, escolares!
17.-Arelas nacionalistas
18.- Xa está ao vento a bandeira azul e branca!
19.- Camiño, camiño longo
20.- Nós, nomeámonos …

Os 7 paneis en que se distribúe o texto levan os títulos de cada un dos apartados do Manifesto de 1918.



Enlaces de interese:
931_Diptico_De hoxe para sempre.pdf
931_Invit_De hoxe para sempre.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768