Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Didáctica: Programa de actividades para grupos escolares


15/10/2012 Programa de actividades didácticas do Museo Provincial de Lugo para o curso escolar 2012-2013

A VER SE TE VES! MÍRANOS! (Programa de actividades didácticas do Museo Provincial de Lugo para os centros escolares curso 2012-2013) Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e os traballadores e traballadoras dos departamentos de didáctica dos museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo, dan a coñecer os programas didácticos para os catro museos da Rede.


20/12/2011 Presentados os programas de actividades de Nadal 2011nos museos da Rede da Deputación: Museo Provincial de Lugo

O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, xunto á xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron os programas de actividades para todas as ideas nos catro museos dependentes da área. -(… ler máis)


31/08/2011 Programa de Actividades Escolares do MPLugo para o curso 2011-2012

O Departamento de Didáctica do MPLugo pon a disposición dos docentes o seu programa anual coa oferta de actividades escolares para o curso 2011-2012: + Programa e información sobre concertación de grupos>>


09/12/2010 OUTRAS MIRADAS PARA COÑECER O MUSEO: O Mosaico de Armañá

Baixo o título "Outras miradas para coñecer o Museo: O Mosaico de Armañá" próponse unha visita guiada de carácter técnico para observar in situ o desenvolvemento dos traballos de restauración e consolidación que se están realizando no Mosaico de Armañá, así como coñecer pola voz dos técnicos especialistas os distintos procesos (exhumación, traslado, montaxe…) aos que foi e está sendo sometido este mosaico desde a súa descuberta en 1986. Esta actividade, pensada para grupos escolares (a partir de 3º de ESO) ou doutros colectivos interesados, precisa concertación previa. + info e contacto para concertar as visitas>>


04/10/2010 Programa de Actividades Escolares para o curso 2010-2011

Programa de Actividades Escolares do Museo Provincial de Lugo para o curso 2010-2011. Se precisa algunha información relacionada cos contidos ou coa concertación de visitas deben porse en contacto co Departamento de Didáctica: tfno.: 982 24 23 00 / didactica@museolugo.org / fax: 982 240240. + Programa en PDF e información sobre concertación de grupos>>


14/01/2010 ARQUEOLOXÍA 1990-2005: Visitas para grupos escolares

Visitas guiadas para grupos de E. Primario, complementada cunha Unidade Didáctica, á EXPOSICIÓN 1990-2005. Inscricion previa a través do Departamento de Didáctica do MPL (tfno.: 982 24 23 00 / didactica@museolugo.org / fax: 982 240240).


03/09/2009 Programa de Actividades Escolares para o curso 2009-2010

Programa de Actividades Escolares do Museo Provincial de Lugo para o curso 2009-2010 .


  1 2 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768