29/08/2010
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO: Visitas guiadas gratuítas durante todo verán
Durante os meses de xullo e agosto do verán, de luns a sábado, ás 12:30 horas, o Museo Provincial de Lugo ofrece aos seus visitantes a posibilidade de participar nunha visita guiada gratuíta para grupos que se formen espontaneamente cun mínimo de 5 integrantes.
Para concertar visitas guiadas para grupos numerosos deben porse ne contacto previamente co Departamento de Didáctica, tfno.. 982 24 23 00.
Horario de verán: xullo e agosto
Luns a venres: 11 a 14 e 17 a 20 h.
Sábados: 10 a 14 h.
Domingos e festivos, pechado.
Contacto: Tfno.: 982 242 112 / Fax: 982 240 240 / info@museolugo.org
Concertación de visitas para grupo:s 982 242 300
< voltar
|