Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Exposicións itinerantes



06/07/2010
EXPOSICIÓN ITINERANTE: Incisións, en Chantada

Casa de Cultura de Chantada (Do 6 ao 29 de xullo de 2010)
Esta exposición, organizada polo Museo Provincial de Lugo e comisariada por Ignacio López, reúne 26 gravados realizados con distintas técnicas por outros tantos artistas plásticos lucenses. Con este proxecto, á parte de crear un imperecedoiro obxecto artístico conmemorativo da efeméride do Museo, quíxose tamén poñer ao dispor do público un testemuño histórico- cultural de actualidade e de incalculable valor e riqueza.

Horario de visita, de luns a venres: de 17.30 a 21 h.
Martes, venres e sábados: de 10,30 a 14 horas.

PROXECTO INCISIÓNS
A Área de Cultura da Deputación de Lugo, con motivo do 75 Aniversario do Museo Provincial, programou un amplo abano de actividades que incluíu numerosas mostras e exposicións periódicas de artistas galegos e internacionais.
Ademais, o Museo Provincial encargoulle ao artista Ignacio López o comisariado do proxecto “Incisións” que consistiu na elaboración dunhas carpetas de gravados executados por artistas plásticos e gravadores lucenses.
Con este proxecto que implicou a colaboración de 26 artistas, á parte de crear un imperecedoiro obxecto artístico conmemorativo da efeméride do Museo, quíxose tamén poñer ao dispor do público un testemuño histórico- cultural de actualidade e de incalculable valor e riqueza, que agora toma corpo e se fai visible na exposición Incisións —que presenta os 26 gravados, realizados con distintas técnicas e as correspondentes pranchas— e que terá lugar entre os días 5 e 24 de maio na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo).
A partir da data de remate esta exposición percorrerá a provincia de Lugo, previa solicitude na Área de Cultura da Deputación ou no Museo Provincial por parte dos concellos interesados.

ARTISTAS
Mónica Alonso
Francisco Amat
Boente
Quique Bordell
Alejandro Carro
Santiago Catalán
Espiral
García-Gesto
Roberto González Fernández
Guerreiro
Honorio
Sara Lamas
Lomartí
Macía
Luis Moscardó
Senén Olano
J. Otero-Yglesias
Elena Pendás
Juan Miguel Prada
Xermán Refojo
Mª José Santiso
Isabel Somoza
Bernardo Tejeda
Vázquez Cereijo
Vieiro
Ignacio López

ITINERANCIA
-Sala de Exposicións do Centro Cultural e de Servizos á cidadanía, Cervo (Do 16 de xuño ao 12 de xullo de 2009)
-Sala de Exposicións do Forte San Damián, Ribadeo (Do 17 de xullo ao 12 de agosto de 2009)
-Sala de Exposicións do Centro Cultural , Burela (Do 17 de agosto ao 15 de setembro de 2009)
-Sala Casa da Cultura, Barreiros (Do 16 de setembro ao 9 de outubro de 2009)
-Sala da Oficina de Turismo, Foz (Do 13 ao 29 de outubro de 2009)
-Biblioteca Municipal de Xermade (Do 31 de outubro ao 2 de decembro de 2009).
-Casa Habanera de Guitiriz (Do 4 de decembro ao 7 de xaneiro de 2010).
-Centro Sociocultural "Manuel Orestes", Paradela (Do 9 a0 26 de marzo de 20109.
-Casa de Cultura de Chantada, (Do 6 ao 29 de xullo de 2010).




< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768