Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Noticias



01/10/2012
Adíase a clausura da exposición: Arte para gozar: Sensualidade e erotismo nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo

Debido ao enorme éxito de visitantes (incrementáronse en máis dun 60% as visitas ao Museo Provincial de Lugo no período xullo-setembro) e tendo en conta a proximidade das festas patronais de San Froilán, e ao enorme éxito das “Xornas teórico-prácticas sobre sensualidade e erotismo na arte” que se viñeron desenvolvendo desde o 20 ao 28 de setembro, a Área de Cultura e Turismo e a Rede Museística da Deputación de Lugo acordan aparazar o peche desta exposición ata a segunda quincena do mes de outubro.
Anunciamos así mesmo que toda a documentación e imformación existente na web da Rede sobre a mostra, increméntase agora cun vídeo panorámico da autoría de Suso Barral.

Esta exposición é representativa de diferentes sensibilidades en distintas épocas, desde o mundo clásico ata a actualidade. O amor e o erotismo mitolóxico, relixioso, heterosexual ou homosexual, galante ou coqueto, os espidos, os equívocos, os tópicos e os prexuízos, o sensualismo irreverente, o reprimido e o provocado … todo un mosaico de suxestións para os sentidos.
_____
Vídeo panorámico (360º)
...+ info sobre a exposición
_____




< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768