Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook



Gráfico separador

>   NOVAS EN PORTADA


02/09/2010 O MPL acrecenta os seus fondos cunha obra do escultor Ramón Conde

Antón Bao, vicepresidente da Deputación de Lugo, e Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, presentaron hoxe a incorporación á exposición permanente do MPL dunha obra da autoría de Ramón Conde que leva por título "Tormenta de verán". Tralo ingreso desta obra, que pasa a expoñerse na sala 24, o MPL acrecenta cualitativamente os seus fondos de arte galega actual, así como a representación deste recoñecido escultor galego que desde 1979 só tiña en exposición, na Sección de Arte Galega, unha peza de pequeno formato denominada “A Revolta”. No acto participou tamén o escultor. >>+ INFO


01/09/2010 EXPOSICIÓN: Ríos de Galicia. Tesouros de vida, fotografías de José Luis González

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo). (Do 1 ao 26 de setembro de 2010). Inauguración: 1 de setembro, ás 20 horas. >>+ INFO


31/08/2010 Memoria de varias actividades de verán no Museo de San Paio de Narla

Como resultado dos diferentes obradoiros que se desenvolveron este verán 2010 nos museos da Rede Museística, os rapaces participantes elaboraron a modo de memoria diferentes contidos para web que podemos visualizar a través de internet. Neste caso, o traballo amósase o traballo desenvolto nos obradoiros "Eu son unha peza do Museo de San Paio de Narla", "Trato e retrato", "Expres-arte", "Xogos romanos" e "Cestería". >>Mire aquí


28/08/2010 Folletos Guía do MPL en varias linguas

Horarios de visita e folletos-guía informativos sobre os contidos do Museo Provincial de Lugo en Castellano, Galego, Catalá, Euskera, English, Français, Italiano, Deusch, Portugués nos seguintes enlaces:


27/08/2010 PAZO DE TOR: Obradoiro arredor da figura de Domingo Fontán

A Rede Museística da Deputación de Lugo organizou este verán no Pazo de Tor un obradoiro denominado "Domingo Fontán: Cartas xeográficas" dirixido a nenos/as de entre os 4 e os 15 anos. Aproveitando a existencia dunha copia do coñecido "Mapa de Fontán" no propio pazo, pretendeuse iniciar aos mozos nos procesos de investigación,conservación e exposición, neste caso traballando cun cento de documentos inéditos cedidos pola Fundación Domingo Fontán. Os alumnos participantes neste obradoiro crearon unha web que permite ver o meritorio traballo realizado arredor da figura do meirande xeoógrafo galego >>neste enlace á web


27/08/2010 EXPOSICIÓNS: A Muralla no Museo / The wall-A Muralla (Peter Schneider)

Antón Bao, vicepresidente da Deputación, Aurelia Balseiro, directora do MPL, Peter Schneider, fotógrafo e Enrique Alcorta, arqueólogo do MPL, presentaron as dúas mostras expositivas que o Museo Provincial dedica a celebrar o 10º aniversario da declaración da Muralla Romana de Lugo por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A apertura ao público terá lugar o vindeiro luns, 19 de xullo de 2010, ás 20:00 horas e permanecerá aberta ata o 30 de setembro.


Manifesto de apoio do Museo Provincial de Lugo á declaración da ponte de Cruzul (Becerreá-Lugo) como ben de interese cultural,Manifesto de apoio do Museo Provincial de Lugo á declaración da ponte de Cruzul (Becerreá-Lugo) como ben de interese cultural 27/07/2010 Manifesto de apoio do Museo Provincial de Lugo á declaración da ponte de Cruzul (Becerreá-Lugo) como ben de interese cultural


15/07/2010 Premio para o proxecto da Rede Museística 'Follas novas, Novas follas'

O xoves, 15 de xullo, tivo lugar na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, no marco dos actos conmemorativos do 125 aniversario do pasamento da poetisa, a entrega do PREMIO ROSALÍA DE CASTRO PARA EXPERIENCIAS PEDAGÓXICAS que recaeu esta vez no unidade didáctica do proxecto pedagóxico 'Follas novas, Novas follas' desenvolto por tres dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial do Mar, Museo Etnográfico de San Paio de Narla e Pazo de Tor).+ info >>


30/04/2010 VIII Premio de Investigación MANUEL VÁZQUEZ SEIJAS (Bases)

Ata o 30 de outubro de 2010 está aberto o prazo para a presentación de traballos para a VIII edición do Premio de Investigación Manuel Vázquez Seijas, convocado con carácter bianual pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Pode concorrer alumnado, individualmente ou en equipo, das universidades galegas con traballos referidos á historia, arte, arqueoloxía, antropoloxía ou museoloxía, sobre a provincia de Lugo, ou, nomeadamente, sobre os museos da Rede Museística Provincial. + info >>


Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768