Buscador
Actividade:
Lugar:
Xénero:
Intervinte/Intérprete
Título
Entre o   e o  

Actividades

  • Fondos do Museo Provincial de Lugo
  • O Museo Provincial de Lugo en TV
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 00 (23 de decembro de 2004)
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 01 (31 de marzo de 2005)
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 02 (30 de xuño de 2005)
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 03 (29 de setembro de 2005)
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 25 (31 de marzo de 2011)
  • 03/02/2011
    Cadeado de truco do Museo Provincial de Lugo (Fotogrametría)
    Fondos do Museo Provincial de Lugo

    Xénero: Fondos do Museo Provincial de Lugo

    Lugar: Museo Provincial de Lugo

    Intervinte/Interprete:

    Num. reproducións: 3397

    Os avances en informática gráfica permiten crear unha realidade virtual en 3D que axuda a catalogar, conservar e divulgar, coa máxima fidelidade, a información dos obxectos arqueolóxicos que se estudan e custodian nos museos. Esta fotogrametría dixital realizada por Rubén Pintor Fuentes, da empresa Studo3D, amosa as posibilidades destas tecnoloxías como, por exemplo, visualizar a apertura virtual do cadeado e simular o seu posible uso.

    CADEADO DE TRUCO DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
    Este cadeado de bronce figurativo ingresou no Museo Provincial de Lugo en calidade de depósito da Xunta de Galicia o 12 de xuño de 1998.
    Procede dunha escavación arqueolóxica dirixida por Francisco Hervés Raigoso nunha das estancias da denominada “Casa de Océano”, na rúa Doutor Castro, de Lugo.
    Unha vez depositado no Museo foi limpado e sometido a tratamentos de conservación, e intetouse a súa apertura, que resultou imposible.
    Os primeiros estudos dos especialistas supoñían que se trataba dun anel-relicario.
    Ao ter coñecemento dunha peza semellante achada nunhas escavacións en Salona, Eslovenia, os técnicos do Departamento de Historia e Arqueoloxía do Museo conclúen que se trata, en realidade, dun cadeado coa fechadura agachada.
    A comparación con outros cadeados con máscara localizados en museos europeos permíteunos coñecer o sistema de apertura, identificar as súas catro partes e reconstruir o seu funcionamento:
    1. Tapa decorada con máscara humana
    2. Caixa que alberga o mecanismo interior de peche
    3. Aro móbil (algúns teñen cadeiña)
    4. Chave

    O cadeado de truco de Lugo debeu ser fabricado en dúas partes unidas ao cerrollo cunha bisagra que permitía abrir e cerrar a tapa e acceder á caixa na que se encontra o mecanismo de cerre e a apertura do aro móbil macizo.
    A tapa vai decorada cun rostro con toucado de estilo orientalizante.
    Estes cadeados servían para fechar pequenos cofres, caixiñas ou bolsiñas para gardar obxectos persoais ou de valor como moedas, xoias, etc.
    Só temos coñecemento doutro cadeado figurativo en toda a península, procedente de Astorga e exposto no Museo de León.
    O cadeado de Lugo seguramente foi importado e dátase no século IV d. C.

    « Volver

    Línea horizontal
    Subscricións |  Web optimizada 1024x768