Buscador
Actividade:
Lugar:
Xénero:
Intervinte/Intérprete
Título
Entre o   e o  

Actividades

  • Fondos do Museo Provincial de Lugo
  • O Museo Provincial de Lugo en TV
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 00 (23 de decembro de 2004)
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 01 (31 de marzo de 2005)
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 02 (30 de xuño de 2005)
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 03 (29 de setembro de 2005)
  • Revista oral: O pazo das musas, nº 25 (31 de marzo de 2011)
  • 22/04/2015
    Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina


    Xénero: Documental

    Lugar: Lugo / Arxentina

    Intervinte/Interprete: Varios

    Num. reproducións: 2955

    Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo - Arxentina é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística Provincial de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, máis un equipo multidisciplinar de documentalistas, especialistas en redes sociais, investigadores, artistas, etc.. que traballan xuntos co obxectivo de investigar, documentar, conservar, reinterpretar e difundir a cultura de Lugo e Arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo. Culturas en diálogo é unha viaxe en parella. Parellas artísticas internacionais coa colaboración entre Iago Eireos (Lugo) e Julia Romano (Arxentina), á que se uniu o poeta Miguel Ángel Curiel. Parellas literarias Claudio Rodriguez Fer e o seu retrato de Borges máis Paco Nieto e as voces de Lugo. Parellas teatrais con Teatro Do Miolo & Cía. Parellas bailarinas, no V Encontro TangoLíber. Parellas patrimoniais, coa convocatoria artística que pon en valor os dous patrimonios da humanidade: a muralla e o tango. Parellas didácticas, con obradoiros para todos os públicos en novas tecnoloxías, creación artística, accións radiofónicas, que reflexionan e traballan sobre estas relacións culturais. Parellas de aquí e dacolá. Destaca neste audiovisual a investigación sobre a Muller Emigrante en “Mulleres de Aquí e Dacolá”, onde facemos unha homenaxe a aquelas mulleres “ponte” que viaxaron desde a provincia de Lugo á Arxentina e a aquelas arxentinas que viven agora aquí. Neste apartado resumimos as 14 entrevistas a mulleres e familiares en sete bloques onde se retrata experiencia de emigrar. “Mulleres de aquí e dacolá” comeza cunha sinxela presentación onde remarcamos a importancia de dar nome ás súas protagonistas. En A muller emigrante recollemos que é o que elas percibían e como eran valoradas. De onde es? fala da pervivencia cultural noutro país a través da lingua, dos contos e da forma de relacionarse. Volver significou para moitas un momento de estrañeza e para outras un reencontro coas raíces. Remarcamos a Asociación, a colaboración entre emigrantes nun e noutro lado é esencial para a supervivencia noutro país. En Emigrar queremos poñer en paralelo a situación da emigrante do pasado e da actualidade. Finalmente, con E agora, aquí ou acolá? dúas testemuñas poñen fin a este documental cunha reflexión sobre o feito de ir e volver.


    « Volver

    Línea horizontal
    Subscricións |  Web optimizada 1024x768