Museo Provincial de Lugo
|
Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
Museo Provincial do Mar
|
Pazo de Tor
|
|
 |
Noticias
|
19/04/2010
Sombra de sonos no bosco. Un berro pola lingua (abril)
(Actos programados para o mes de abril de 2010).O luns, 19 de abril de 2010, ás 12.00 horas, continuamos no Pazo de Tor celebrando o Ano Uxío Novoneyra coa presentación du novo vídeo con novas mensaxes e textos de artistas, escritores, visitantes e alumnado participante en diferentes obradoiros.
|
|
18/02/2010
Sombra de sonos no bosco. Un berro pola lingua (febreiro)
(Actos programados para o mes de febreiro de 2010).O venres, 19 de febreiro de 2010, continuamos no Pazo de Tor celebrando o Ano Uxío Novoneyra cos seguintes actos:
|
|
23/01/2010
O labirinto ario, curta gravada no Pazo de Tor, candidata ós Premios Mestre Mateo
A Rede Museística da Deputación de Lugo programa para os vindeiros sábado e domingo, 23 e 24 de xaneiro de 2010, unha serie de actos de apoio a “O labirinto ario” no Pazo de Tor. Esta curta, gravada no propio Pazo, dirixida por Alfredo Pardo e producida por Chantada Films, contou coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación e estreouse no Pazo de Tor o 16 de maio de 2009. Interveñen nos actos de apoio (consulte o programa no desenvolvemento desta nova): Brais García, Paco Nieto, tatata comunicación, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Cristina Corral, Xavier Prado, Paco Pestana, Alfredo Pardo e Encarna Lago.
|
|
19/01/2010
Sombra de sonos no bosco. Un berro pola lingua
Antonio Veiga, Deputado delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, presentaron este 19 de xaneiro de 2010 no Pazo de Tor as liñas mestras e obxectivos dos actos e actividades que se desenvolverán durante o ano 2010. Un programa que persegue unha dobre finalidade: apostar pola defensa da lingua galega e homenaxear a figura e a obra do poeta Uxío Novoneyra (1930-1999), autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas.
|
|
11/01/2010
Presentación do programa de actividades para o Nadal 2009
Antón Bao, Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Aurelia Balseiro, Directora do MPL e Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, presentan o programa de actividades para as datas do Nadal 2009 nos 4 museos dependentes da Área de Cultura (Museo Provincial de Lugo, Museo Etnográrfico de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar de San Cibrao e Pazo de Tor).
Visitas temáticas, obradoiros, exposicións e outras moitas propostas para todo tipo de públicos e idades. Aprender e gozar, ese é o obxectivo. Consulte o PROGRAMA np PDF que se adxunta.
|
|
05/12/2008
Nadal 2008. Presentación das actividades programadas nos museos da Rede Museística
Antonio Veiga Outeiro, Deputado Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, e Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial, presentaron as actividades e obradoiros programados para o mes de decembro e datas de Nadal nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.
|
|
13/11/2008
Maiores nos Museos
Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Cultura da que depende a Rede Museística Provincial, Branca Rodríguez Pazos, Delegada Provincial da Vicepresidencia, da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial de Lugo, presentaron esta mañá un programa de colaboración entrambas administración e que se denomina“As Lembranzas na Memoria e nos Sentidos (Maiores nos Museos)”, un proxecto de animación que ten por obxectivo o achegamento dos maiores aos museos da rede provincial.
|
|