23/01/2010
O labirinto ario, curta gravada no Pazo de Tor, candidata ós Premios Mestre Mateo
A Rede Museística da Deputación de Lugo programa para os vindeiros sábado e domingo, 23 e 24 de xaneiro de 2010, unha serie de actos de apoio a “O labirinto ario” no Pazo de Tor. Esta curta, gravada no propio Pazo, dirixida por Alfredo Pardo e producida por Chantada Films, contou coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación e estreouse no Pazo de Tor o 16 de maio de 2009. Interveñen nos actos de apoio (consulte o programa no desenvolvemento desta nova): Brais García, Paco Nieto, tatata comunicación, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Cristina Corral, Xavier Prado, Paco Pestana, Alfredo Pardo e Encarna Lago.
______________PROGRAMA
Sábado 23 de xaneiro
Ás 12 e 13 horas
Visitas guiadas: Un Pazo de película (entrega dossier de material)
Entre 17 e 17:30 horas
Benvida
" A voz do Pazo" na voz de Paco Nieto. Guión e textos de Brais García.
Palabras de Alfredo Pardo, director da curta “O labirinto ario” e de Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial.
Asinamento no libro de apoios que se enviará á Academia Galega do Audiovisual.
De 17:30 a 18 horas
Proxección unha aposta pola creatividade: O audiovisual galego.
ta ta ta comunicación. Apuntes sobre o azar (do xenérico ao concreto).
Proxección de testemuños de apoio.
Entre 18 e19 horas
Visita descubrindo o Pazo a través da poesía e outras manifestacións: Recital poético-musical e teatral en distintos cuartos do Pazo:
- Uxío Novoneyra no Pazo de Tor, no cuarto de convidados
- A poesía segue… con Helena Villar Janeiro no cuarto da Señora de Tor.
- A Palabra... de Xesús Rabade Paredes no Despacho de Tor
- As palabras… de Uxío Novoneyra na voz da poeta Cristina Corral Soilán acompañada polo músico Xavier Prado no Salón de mediodía.
- Contos da alcoba de Paco Pestana.
No cuarto principal.
Ás 20 horas
Proxección da curta que opta os PMM "O labirinto ario", de Chantadafilms.
Ás 20,30 horas
Degustación de productos galegos cortesía de Gadis e Haley
Degustación de viños cortesía do C.R.D.O Ribeira Sacra
Domingo 24 de xaneiro
Visitas guiadas: Un Pazo de película
Proxección da curta “O labirinto ario”, de Chantada Films, curta candidata ós Premios Mestre Mateo
Pases ás 12, 13, 17, 18 horas.
O LABIRINTO ARIO: SINOPSE E FICHA TÉCNICA
O LABIRINTO ARIO pode ser considerada a primeira curtametraxe sobre a trama conspiracionista do esoterismo nazi, o caso da man cortada e os alieníxenas ummitas rodada en Galiza.
Hitler morre en 1946 e a tumba está na parroquia de Nogueira. Os seus lugartenentes o doutor Manfred e Helmuth auspiciados polo Xeneralísimo Franco que intercede coa Marquesa de Tor para seguiren traballando na chegada dunha raza aria, o rexurdir do IV Reich e o espertar dun novo Mesías.
A procura do Santo Graal no Monte do Faro, experimentos nas bases subterráneas nazis de Belesar, rituais satánicos na cripta romana de Sta. Eulalia de Bóveda e os contactos co planeta Ummo conforman este labiríntico filme.
FICHA TÉCNICA
Equipo técnico
Director: Alfredo Pardo Hermida
Guionista: Ana Belén Diz Paseiro
Compositor música: Sergio Pena
Director de fotografía: David Vázquez Vázquez
Xefe Son: Equipo Chantada Comunicación S.L.
Xefe Loxística: Lisardo Moure
Axudantes de dirección: Ana B. Díz Paseiro Jon González
David Pardo Hermida
Operador de cámara 1º: David Vázquez Vázquez
Operador de cámara 2º: Humberto Novoa
Imaxe gráfica: Pedro Vera
Efectos especiais: Dorian Art FX
Efectos 3D: Jon González
Foto Fixa: Serafín R. Trashorras
Traducción ao inglés: Rosa Gloria de Artaza
Maquillaxe: Ana Vera Rey Vila
Perruquería: Inés Romeo, Ana Vera Rey
Produción: Chantada Films
Co-Productor: Chantada Comunicación S.L.
Outros datos
Formato: Curtametraxe
Duración: 25 min.
Xénero: Drama
Modalidade: Ficción
Convocatoria: Produción
Formato gravación: HDV
Idioma gravación / Rodaxe: Galego
Ano de produción: 2008
Equipo artístico
Actores principais: Mela Casal, Beatriz Serén, Alejandro Carro, Julio Cela, Ramón Pérez.
Actores de reparto:
Fran Peleteiro, Pepe Miranda, Miguel Llanderas, Darío Loureiro Carbia, Xosé Manoel Conde, Suso Sueiro, Pilar Boullosa, Suso Suárez Vázquez, Antonio Somoza Sobrado, Maga Martínez, Chema Torres, Juan M. Pardo Méndez, Bertín Rodríguez Otero, Cesar Vivero Martínez, Adrián Suárez Vivero, Iago Novoa Blanco, Ceferino Rey Martínez.
Enlaces de interese:
1208_Programa de actos.pdf
< voltar
|