Museo Provincial de Lugo
|
Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
Museo Provincial do Mar
|
Pazo de Tor
|
|
 |
Noticias
|
20/04/2010
Inauguración de nova iluminación exterior en San Paio de Narla
ESTE martes, 20 de abril, á noitiña, Antón Bao, Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, inaugura unha nova iluminación exterior na Torrre de Xiá, en Friol, sede do Museo Etnográfico de San Paio de Narla.
Engádese así ao interese dos contidos museográficos e ao do edificio que os contén unha nova proposta estética, unha mirada renovada a este conxunto patrimonial singular, xestionado desde a Rede Museística pola Área de Cultura dependente da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo
|
|
|
27/01/2010
O Labirinto ario no Museo Etnográfico San Paio de Narla
A Rede Museística da Deputación de Lugo programa para o vindeiro sábado , 30 de xaneiro de 2010, unha serie de actos de apoio a “O labirinto ario” que van ter lugar no Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol. Entrada libre.
Esta curta gravada no Pazo de Tor, dirixida por Alfredo Pardo e producida por Chantada Films, contou coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación e estreouse no Pazo de Tor o 16 de maio de 2009. Interveñen nos actos de apoio (consulte o programa no desenvolvemento desta nova): Brais García, Xoán R. Cuba, Victor Manuel González Díaz, Laura María Alonso Gandoy, Mª Angeles Pascual Luaces, Alfredo Pardo e Encarna Lago. + info >>
|
|
11/01/2010
Presentación do programa de actividades para o Nadal 2009
Antón Bao, Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Aurelia Balseiro, Directora do MPL e Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, presentan o programa de actividades para as datas do Nadal 2009 nos 4 museos dependentes da Área de Cultura (Museo Provincial de Lugo, Museo Etnográrfico de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar de San Cibrao e Pazo de Tor).
Visitas temáticas, obradoiros, exposicións e outras moitas propostas para todo tipo de públicos e idades. Aprender e gozar, ese é o obxectivo. Consulte o PROGRAMA np PDF que se adxunta.
|
|
05/12/2008
Nadal 2008. Presentación das actividades programadas nos museos da Rede Museística
Antonio Veiga Outeiro, Deputado Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, e Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial, presentaron as actividades e obradoiros programados para o mes de decembro e datas de Nadal nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.
|
|
13/11/2008
Maiores nos Museos
Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Cultura da que depende a Rede Museística Provincial, Branca Rodríguez Pazos, Delegada Provincial da Vicepresidencia, da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial de Lugo, presentaron esta mañá un programa de colaboración entrambas administración e que se denomina“As Lembranzas na Memoria e nos Sentidos (Maiores nos Museos)”, un proxecto de animación que ten por obxectivo o achegamento dos maiores aos museos da rede provincial.
|
|