Museo Provincial de Lugo
|
Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
Museo Provincial do Mar
|
Pazo de Tor
|
|
 |
Actividades
|
31/08/2010
Memoria de varias actividades de verán no Museo de San Paio de Narla
Como resultado dos diferentes obradoiros que se desenvolveron este verán 2010 nos museos da Rede Museística, os rapaces participantes elaboraron a modo de memoria diferentes contidos para web que podemos visualizar a través de internet. Neste caso, o traballo amósase o traballo desenvolto nos obradoiros "Eu son unha peza do Museo de San Paio de Narla", "Trato e retrato", "Expres-arte", "Xogos romanos" e "Cestería". >>Mire aquí
|
|
23/08/2010
Xogos romanos de taboleiro en Tor e Narla
Durante os días 23, 24 e 25 de agosto vanse desenvolver no Museo-Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, e no Pazo de Tor, Monforte de Lemos, unha actividade para rapaces de entre 8 e 12 anos denominada "Xogos romanos de taboleiro" . O obradoiro, a cargo de monitores da Asociación Cultural “Caetra Lucensium MMX” pretende, entre outros obxectivos, estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural e promover de modo lúdico competencias ligadas ás áreas das matemáticas e da historia.
|
|
23/08/2010
Campamento no Museo-Fortaleza de San Paio de Narla
Desde hoxe, 23 de agosto,e ata o vindeiro xoves, 26 de agosto, vaise desenvolver no Museo-Fortaleza San Paio de Narla, en Friol, un campamento dirixido a nenos e nenas entre os 4 e os15 anos. Ten como obxectivos aprender a coñecer ,aprender a ser, aprender a vivir xuntos, aprender a facer, e o fomento de valores como o respecto pola diferencia, a responsabilidade para o coidado dos mais pequenos, o mantemento do material, a cooperación e as dinámicas de grupo...
.+ información>>
|
|
25/06/2010
Programa de actividades para o verán 2010 no Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo tentan ano a ano satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e a cultura. O prazo de matrícula comeza o venres, 25 de xuño, a partir das 11 h. e queda aberto ata cubrir as prazas previstas para cada obradoiro por rigorosa orde de inscrición.+ Consulte o programa completo>>
|
|
19/05/2010
Teatro no Museo Etnográfico de San Paio de Narla
Como colofón ás actividades arredor do Día Internacional dos Museos 2010 o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, Friol, programa a represenatción da obra "As damas do Narla" a cargo do grupo de tetaro escolar do colexio Doutor López Suárez. As represenatcións faranse o mércores, 19 de maio, e o xoves, 20 de maio, ás 12:00 horas.
Máis información no teléfono 982 375 156.
|
|
10/05/2010
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2010: Museos para a harmonía social
Durante estes días conmemóranse a Noite dos Museos, sábado 15, o Día das Letras Galegas, luns 17 e o Día Internacional dos Museos, o martes 18 de maio.Os 4 museos da Rede Museístcia da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Etnográfico de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) programa para estas datas unha serie de actos que teñen como obxectivo prioritario a intercomunicación cos seus visitantes: exposicións, teatro, obradoiros, visitas guiadas, concertos (Ugia Pedreira, Fred Martins, Emilio Cao), conferencias, agasallos... + Consulte o programa completo dos catro museos>>
|
|
03/03/2010
A arte de ser muller nun mundo por compartir
Desde o 4 ata o 15 de marzo os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo súmanse ás conmemoracións arredor do Día da Muller, 8 de marzo, e do Ano Internacional do Achegamento entre Culturas, promovido pola UNESCO, con diversos actos e actividades, consonte ao programa que se adxunta
|
|