25/06/2010
Programa de actividades para o verán 2010 no Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo tentan ano a ano satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e a cultura. O prazo de matrícula comeza o venres, 25 de xuño, a partir das 11 h. e queda aberto ata cubrir as prazas previstas para cada obradoiro por rigorosa orde de inscrición.+ Consulte o programa completo>>
As actividades na Rede Museística configuranse como un nexo de unión ou complementación un espazo para compartir. Defendemos que o museo pode axudar a construción da identidade e o desenvolvemento da comunidade, favorecendo as relacións de cooperación, así como a colaboración intercultural.
No programa colaborativo deseñado dende a Xerencia da Rede presentamos un conxunto de obradoiros elaborados baixo os siguintes
principios:
SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfación persoal ao realizar algo feito por cada un mesmo.
PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva.
COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.
DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia. Así faremos webs, blogs ...
DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.
COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas:
- Aprender a coñecer
- Aprender a ser
- Aprender a vivir xuntos
- Aprender a facer
EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.
Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo tentan ano a ano satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e a cultura.
O papel do museo como un servizo cultura a comunidade , como un lugar aberto a diversas disciplinas artísticas, como un espazo de construción de experiencias. Dende a Rede non podemos imaxinar un museo illado do contexto que o rodea.
Baixo o título Museos espazos para compartir, Verán 2010 organizamos tres campamentos con multiples obradoiros nos Museos Fortaleza San Paio de Narla , Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar.
O deseño das actividades xira en torno a tres bloques temáticos:
Compartir disciplinas: Arte, ciencia e natureza
Compartir culturas: Proxectos de comunidade
Compartir en Internet: Proxectos de redes sociais
__________PROGRAMA do MUSEO-FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
A Torre de San Paio de Narla, cando se creou como museo, supuxo a volta á vida dunha fortaleza que antes fora decrépita e ruinosa. O renacer máis importante non se debe as súas remodelacións ou aos importantes obxetos que nela se exhiben senón no seu latexo e na súa vitalidade envexable residente na nova funcion social :
"Dar proveito educativo e deleitar a cantos quieran mergullarse nun museo con personalidade propia que ten moitas historias que contar Un museo para todos feito entre todos”.
Un castelo para soñar, aprender, disfrutar... con este campamento pretendemos que así sexa.
CAMPAMENTO EN SAN PAIO DE NARLA
Datas: 23, 24, 25 e 26 de agosto
Idades: de 4 a 15 anos
Horario : de 11,30 a 13,30 h
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Aprender a coñecer ,aprender a ser, aprender a vivir xuntos, aprender a facer. A idade dos nenos comprende un abano moi amplo, dos 4 ós 15 anos. Esta circunstancia unida á diversa procedencia dos participantes, requerirá que lle prestemos unha especial atención ó fomento de valores como o respecto pola diferencia, a responsabilidade para o coidado dos mais pequenos, o mantemento do material, a cooperación e as dinámicas de grupo...
Bloque 1: Mestres: Francisca Abuín, Encarna Lago, Cristina Barreiro, Ana Ferro e Juan I.Márquez
1- OBRADOIRO DE RELOXOS DE SOL
2- DOMINGO DE FONTÁN: CARTAS XEOGRAFICAS : Investigar,conservar e expoñer nun museo. Xogamos aos museólogos.
2- REDE DE HISTORIAS, XOGO DE ROL: CARLISTAS E FRANCESES EN TOR.
3- TWISTER DA DIVERSIÓN HISTÓRICA NO PAZO DE TOR
4- DE PORTO A PORTO.
5- VIDEOREDE:OBRADOIRO DE CÓMO FACER UNHA WEB , UN PROGRAMA DE RADIO, DE TV, REDES SOCIAIS.
Bloque 2: Mestres: Encarna Lago, Pilar Yáñez e Ruth Nuñez
Para compartir en familia:
6- OBRADOIRO DE TRANSMISIÓN DE SABERES DENDE A MIRADA DA EXPERIENCIA: INICIACION A CESTERIA.
7- RE-TRATO TE RETRATO: OBRADOIRO PARA AVOS E NETOS.
XOGOS ROMANOS DE TABOLEIROS
Mestres: Monitores da Asociación cultural “Caetra Lucensium MMX”
Datas: 23,24 e 25 Agosto
Idades: de 8 a 12 anos
Horario: de 17 a 19:30 h.
Prazas: 15 particpantes
Obxectivos: Estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural de Lucus Augusti e promover de modo lúdico competencias ligadas ás áreas das matemáticas e da historia.
CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA
Mestres:Enrique Alcorta Irastorza, Arqueólogo e Lucía Dequidt Lagares, Departamento de Didáctica
Datas: 22, 23 e 24 de xullo
Idades: De 6 a 9 anos
Horario: De 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 15 participantes
VISITAS GUIADAS GRATUITAS UNHA TAPA DE CULTURA
Ás 11, 12, 17 e 18 h.
De martes a domingo os meses de xullo e agosto
__________Información e inscricións:
Museo Etnográfico San Paio de Narla
Torre de Xiá
27220 Friol (Lugo)
Tfno.: 982 375 156 / sanpaiodenarla@museolugo.org
Enlaces de interese:
1298_PROGRAMA_VERÁN_2010_Narla.pdf
< voltar
|