Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
MUSEO PROVINCIAL DO MAR Axenda
MUSEO PROVINCIAL DO MAR

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook






Gráfico separador

>   Noticias


23/04/2010 PROXECTO: Follas Novas. Novas Follas

ESTE venres, 23 de abril, Día do Libro, remata a primeira fase do Proxecto: Follas Novas. Novas Follas, que se vén desenvolvendo desde comezos deste ano en diferentes centros escolares e en tres dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial do Mar, Museo Etnográfico de San Paio de Narla e Pazo de Tor). Os actos previstos van ter lugar na Casa-Museo Rosalía de Castro, Padrón, coa asitencia dos participantes nos distintos obradoiros realizados ata o de agora nos museos e nos colexios inscritos. -Ademais, na Biblioteca Nacional de la República Argentina, Buenos Aires, a artista Luz Darriba realizará unha instalación con reproduccións dos traballos recompilados. Este proxecto vai ter continuidade ao longo do 2010, ano declarado pola UNESCO "Ano Internacional do Achegamento entre Culturas". + info >>


11/01/2010 Presentación do programa de actividades para o Nadal 2009

Antón Bao, Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Aurelia Balseiro, Directora do MPL e Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, presentan o programa de actividades para as datas do Nadal 2009 nos 4 museos dependentes da Área de Cultura (Museo Provincial de Lugo, Museo Etnográrfico de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar de San Cibrao e Pazo de Tor). Visitas temáticas, obradoiros, exposicións e outras moitas propostas para todo tipo de públicos e idades. Aprender e gozar, ese é o obxectivo. Consulte o PROGRAMA np PDF que se adxunta.


09/10/2009 40º ANIVERSARIO DO MUSEO PROVINCIAL DO MAR

Antonio Veiga, Deputado Delegado da Área de Cultura, Aurelia Balseiro, Directora do MPL e Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, presentan os actos conmemorativos do 40º Aniversario do Museo Provincial do Mar, de San Cibrao, en Cervo, creado pola Deputación de Lugo un 11 de outubro do ano 1969 e que van ter lugar os días 9, 10 e 11 de outubro.


08/03/2009 MUSEO PROVINCIAL DO MAR: Agradecendo e lembrando. Cada día unha peza e un benefactor

Cando o Museo Provincial do Mar de San Cibrao está a piques de cumprir 40 anos, o museo dedicado ao mundo do mar máis antigo de Galicia, temos a obriga de agradecer a cantas persoas contribuiron ao seu nacemento e conservación. Afondamos na propia historia do museo como patrimonio intanxible, na historia das coleccións dende o punto de vista de todos os que as fixeron realidade.


13/11/2008 Maiores nos Museos

Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Cultura da que depende a Rede Museística Provincial, Branca Rodríguez Pazos, Delegada Provincial da Vicepresidencia, da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial de Lugo, presentaron esta mañá un programa de colaboración entrambas administración e que se denomina“As Lembranzas na Memoria e nos Sentidos (Maiores nos Museos)”, un proxecto de animación que ten por obxectivo o achegamento dos maiores aos museos da rede provincial.


04/09/2008 Presentación das actividades previstas nos museos da Rede Museística en setembro

Antón Bao, Vicepresidente da Deputación Provincial, e Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, presentaron o programa das actividades previstas nos museos da Rede Museística dependente da Deputación de Lugo para o mes de setembro


26/08/2008 Unha tapa de cultura no Museo Provincial do Mar

Degusta as nosas tapas (visitas guiadas breves) entre o 1 de agosto e o 20 de setembro de 2008.


  1 2 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768