Museo Provincial do Mar
|
|
 |
Actividades
|
18/06/2013
Quinta conferencia do ciclo A Arqueoloxía e o Mar. Navegando na nosa historia
O venres, 21 de xuño, ás 19:00 horas, remata o ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha conferencia a cargo de Esteban Álvarez Fernández baixo o título "Do mar á cova. Os animais mariños nos xacementos prehistóricos". Estes relatorios teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo da nosa historia. Organizan Marián Cueto (Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, IPHES), e patrocinan a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial.
ENTRADA DE BALDE.
|
|
12/06/2013
Verán 2013 na Rede Museística: Museo Provincial do Mar
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentaron os programas coas actividades previstas para os meses deste verán 2013 nos catro museos da Rede.
|
|
09/05/2013
SEMANA DOS MUSEOS 2013: Museo Provincial do Mar
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e Encanrna Lago, xerente da Rede Museística, dan a coñecer os programas de actividades rpevisas para a SEMANA DOS MUSESO 2013 en todos os museos xestionados pola Rede Museística Provincial.
|
|
08/03/2013
A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0
Con motivo de celebrarmos o 8 de marzo o Día Internacional da Muller, os museos da Rede Museística, xestionados pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, programan para todo este mes unha serie de actividades nos catro museos da Rede que teñen por obxectivo chamar a atención sobre a situación da muller na nosa sociedade e no mundo.
Lembramos que para este 2013 o lema escollido pola ONU incide na persistente violencia que se exerce contra as mulleres, e lémbranos que Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para acabar coa violencia contra as mulleres.
|
|
|
05/02/2013
Primeira conferencia do ciclo A Arqueoloxía e o Mar. Navegando na nosa historia
O vindeiro venres, 8 de fabreiro, ás 19:00 horas, dá comenzó o ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha conferencia a cargo de Pau Sureda Torres, investigador do mundo fenicio no Mediterráneo, e que leva por título “O comercio e a navegación fenicia no Mediterráneo antigo”. Os relatorios deste ciclo, organizado por Marián Cueto (Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, IPHES), e patrocinado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial, teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo da nosa historia.
|
|
01/02/2013
O ENTROIDO 2013 NA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Chegan os días de Entroido deste ano 2013, un período festivo cun calendario variable segundo a localidade, pero onde todo se revolve contra a orde establecida. Volven as máscaras e as representacións, os desfiles das comparsas, a troula e as risas. Son días de subversión e festa.
|
|
09/01/2013
OBRADOIRO. Escoita! Os museos tamén contan historias
Como complemento da exposición “Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado” que se pode visitar no Museo Provincial de Lugo ata o 31 de xaneiro, os sábados 12, 19 e 26 do presente mes, ás 12 horas, terá lugar nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) a actividade “ESCOITA! OS MUSEOS TAMÉN CONTAN HISTORIAS”.
|
|