Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
MUSEO PROVINCIAL DO MAR Videoteca Axenda
MUSEO PROVINCIAL DO MAR

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial do Mar


visita virtual

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



11/06/2012
EXPOSICIÓN: Fotografía a cegas

O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, inauguraron a exposición Fotografía a cegas que se desenvolve nos catro museos da Rede Museística ata ovindeiro 10 de xuño. Trátase dos traballos resultantes dunha experiencia pioneira na que particiapn 7 invidentes, a terapeuta, Mercedes Cabada, os fotógrafos, Iago Eireos, Germán Limeres, Xosé Reigosa e Antonio López, e Henrique Lamas, autor dunha gravación que documenta a experiencia.
A entrada é libre e gratuíta. + info sobre a exposición

FOTOGRAFÍA A CEGAS (do 7 ao 10 de xuño)
Refectorio do Museo Provincial de Lugo

Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Entrada gratuíta
__________

O obradoiro “Fotografía cegas” resultou un enredo fascinante no que artistas, persoal dos museos e invidentes tivemos a oportunidade de aprender que a fotografía é unha forma, outra máis, de expresarmos emocións, sensacións, opinión e sentimentos mediante unha imaxe que se crea, non nos nosos ollos, senón na nosa cabeza.
A imaxe nace da idea, a idea da experiencia, e a nosa experiencia di que todos os días facemos centos de cousas sen “velas”, só ideando, idealizando, construíndo imaxes coa memoria (os oito cegos fomos antes videntes), coas descricións que os que vedes nos transmitides e cos recursos técnicos que os artistas fotógrafos nos ensinastes.
Tedes que saber que a maioría de nós temos pensado mercar unha cámara para fotografar as nosas viaxes, as reunións familiares e sociais, e outros eventos que “veremos” coa axuda doutros ollos.
Se queredes “ver” as nosas fotos, o documental e como foi o curso, o 7 de xuño inaugúrase a exposición coa nosa obra nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.
Agardamos "vervos" na inauguración para pedirvos un favor: que nos deixedes tirar unha instantánea que inmortalice o momento.

Trinidad Canosa, Eladio Fernández, Antonio Fernández, Antonio López, Ángeles Miguélez, Manuel Paz Sánchez e Pilar Yáñez


+ info sobre o Obradoiro FOTOGRAFÍA A CEGAS





< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768