02/10/2012
CONVITE PARA A PRESENTACIÓN DO LIBRO: Historia do teatro afeccionado na Mariña lucense, de Francisco Piñeiro González
Será o martes, 2 de outubro, ás 20:30 horas, no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, en Cervo.
Desde a Área de Cultura e Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, convidámosvos á presentación do libro Historia do teatro afeccionado na Mariña lucense, escrito polo dramaturgo e director teatral Francisco Piñeiro González. Este libro, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, enmárcase dentro do programa teatral Buxiganga.
O libro, prologado polo grande Manuel Lourenzo, fai un percorrido histórico a través das diferentes manifestacións teatrais que existiron nos concellos e parroquias da Mariña, amosando a cronoloxía dos mesmos, que vai dende o 1835 até a actualidade.
Ao mesmo tempo, o percorrido tamén é polos nomes e rostros deses diferentes facedores culturais, actores e actrices mariñáns, que ao longo de tantos anos encheron todos os puntos da nosa xeografía da arte do teatro. Este libro dignifica a condición deses actores e actrices, en moitos casos rescatándoos dun pasado que xa poucos recordan, demostrando que o teatro sempre estivo aí.
< voltar
|