29/06/2012
Presentados os programas de actividades para o VERÁN 2012: Pazo de Tor
O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, deu a coñecer hoxe os programas coas propostas de actividades para o período vacacional nos catro museos xestionados pola Rede Museística Provincial. + Programa de actividades do Pazo de Tor
PAZO DE TOR
OBRADOIROS
Obradoiro: Enrédate na rede
Os obradoiros pretenden dar unha visión global do museo e do proceso artístico en todos as súas fases e estadios, dende a realización das obras ata a exposición das mesmas nun museo, pasando pola difusión do traballo realizado. Comezaremos cunha visita de iniciación para o coñecemento básico do Museo.
Inscricións: Pazo de Tor (descargue formulario da web http://www.museolugo.org).
Os pais/nais ou titores deberán completar un formulario de inscrición e asinar un permiso de saída, xa que nalgún dos obradoiros desprazarémonos a outros museos da Rede. Así mesmo, como no transcurso dos obradoiros os participantes realizaran vídeos e fotografías que logo exhibirán nas canles dixitais das que dispón a Rede Museística, tamén é necesario que asinen unha autorización ao efecto.
Idades: de 4 a 15 anos.
Prazas: 40 que se cubrirán por orde de inscrición.
Horario: 11:00 a14:00 horas
Datas de realización deste obradoiro
Nota aclaratoria: Este obradoiro concíbese como un proxecto único, periodizado en varias xornadas. Todas os/as inscritos participarán en todas as fases xa que o gran obxectivo é dotar ao asistente dos máximos coñecementos e experiencias posibles no tocante ao funcionamento, xestión e divulgación da actividade dos museos.
31 de xullo
Centrarémonos nas artes decorativas, a etnografía e a fotografía, sempre en relación co museo e o seu entorno.
1 de agosto
Visitarannos os rapaces que están realizando a mesma actividade no Museo Provincial de Lugo cos que compartiremos a xornada.
Do 22 ao 24 de agosto: Campamento de Arqueoloxía
Nestes días realizaremos unha experiencia práctica consistente nunha escavación arqueolóxica.
21 de agosto
Viaxaremos ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, para compartir a xornada cos rapaces e rapazas que participan nos obradoiros dos outros museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. A actividade consiste na caracterización de época para a realización de diversos xogos por equipos de carácter competitivo que se inspiran en pasatempos medievais.
EXPOSICIÓNS
Fotografía a cegas. Amósanse os traballos resultantes dunha experiencia pioneira na que participaron 7 persoas invidentes (Trinidad Canosa, Eladio Fernández, Antonio Fernández, Antonio López, Ángeles Miguélez, Manuel Paz Sánchez e Pilar Yáñez), a terapeuta Mercedes Cabada, os fotógrafos, Iago Eireos, Germán Limeres, Xosé Reigosa e Antonio López, e Henrique Lamas, autor da gravación que documenta a experiencia. Coordinou, Encana Lago, xerente da Rede Museística.
Un pazo de película.Maquetas do apóstolo. Amósanse as maquetas dos decorados que se usaron na gravación do filme “O apóstolo”, primeira película europea stop-motion en 3D, dirixida por Fernando Cortizo.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
As inscricións realizaranse no Departamento de Didáctica do Pazo de Tor.
>>Descarque aquí o formulario de inscrición
Máis información:
Pazo de Tor
San Xoán de Tor
27591 Monforte de Lemos (Lugo)
Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org
Enlaces de interese:
1779_PROGRAMA_Actividades de verán 2012 (Pazo de Tor).pdf
1779_FICHA INSCRICIÓN_Verán 2012_MPTor.pdf
< voltar
|