Programa

XVII XORNADAS DE DEAC
Museos en crise? Novos retos, novas oportunidades

Lugo, 7, 8 e 9 de xuño de 2012
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

Programa
Xoves, 7 de xuño
Museos, colaboración e cooperación
09:00.-Acreditacións  e entrega de documentación
09:45.- Inauguración das 17.ª Xornadas DEAC a cargo de Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente da Deputación de Lugo, e de Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo.
10:00.- Relatorio marco a cargo de Roser Sanjuan e Elena Ayuso (responsables do Servizo Educativo do Centre d’art la Panera, Lleida): Proxectos educativos no marco da Eurorexión.
11:00.- Pausa café
12:00.- Seminarios temáticos
a.-Redes de museos
b.-Museos e comunidade
14:00.-Xantar
16:30.-Saída para o Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol
17:00.-Visita guiada ao Museo Fortaleza San Paio de Narla
18:00.-Seminario temático conxunto: posta en común, debate e conclusións
19:30.-Regreso a Lugo

Venres, 8 de xuño
Educación e museos nos  Social Media & Os DEAC hoxe
09:30.- Relatorio marco a cargo de Elena Villaespesa,estudante de doutorado na Universidade de Leicester (departamento web da tate Gallery): Novas tendencias dixitais. O impacto da Web Social na experiencia do visitante..
10:30.- Pausa café
11:00.- Seminarios temáticos
a.-As TIC contra a crise
b.-Experiencias dos DEAC hoxe
13:30.-Saída para o Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo
14:30.-Xantar en ruta, a cargo da organización
15:45.-Continuación da viaxe ao Museo Provincial do Mar
17:00.-Visita guiada ao Museo Provincial do Mar
17:30.-Seminario temático conxunto: posta en común, debate e conclusións
19:30.-Regreso a Lugo (chegada aprox. ás  21 horas)

Sábado, 9 de xuño
Museos e acción social
08:00.- Saída para o Pazo de Tor
09:30.- Relatorio marco a cargo de Encarna Lago (xerente da Rede Museística), Antonio Reigosa (responsable de Comunicacións e Xestión Cultural da Rede Museística), Francisca Abuín (Departamento de Didáctica do Museo Etnográfico de San Paio de Narla), Ángeles Miguélez (Departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar) e Pedro Lavado (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte): Unha resposta de acción social fronte á crise: Rede Museística da Deputación de Lugo.
10:30.-Seminario temático conxunto: Experiencias e estudos sobre proxectos de acción social
11:30.- Pausa café e visita ao Pazo de Tor
12:00.- VIII Xornadas Interxeracionais Rurais
14:00.- Clausura das XVII Xornadas a cargo de Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente da Deputación de Lugo, e de Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo.
14:15.-Xantar no Pazo de Tor,  a cargo da organización
16:30.- Regreso a Lugo (chegada prevista para as 18:00 horas)

Nota
Durante estes días haberá unha mostra na Sala Multiusos do MPLugo cos materiais didácticos enviados previamente polos museos que o desexen.


Comunicacions Facebook