Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA Axenda
MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook






Gráfico separador

>   Noticias



27/01/2010
O Labirinto ario no Museo Etnográfico San Paio de Narla

A Rede Museística da Deputación de Lugo programa para o vindeiro sábado , 30 de xaneiro de 2010, unha serie de actos de apoio a “O labirinto ario” que van ter lugar no Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol. Entrada libre.

Esta curta gravada no Pazo de Tor, dirixida por Alfredo Pardo e producida por Chantada Films, contou coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación e estreouse no Pazo de Tor o 16 de maio de 2009. Interveñen nos actos de apoio (consulte o programa no desenvolvemento desta nova): Brais García, Xoán R. Cuba, Victor Manuel González Díaz, Laura María Alonso Gandoy, Mª Angeles Pascual Luaces, Alfredo Pardo e Encarna Lago. + info >>

PROGRAMA: O LABIRINTO ARIO ós PREMIOS MESTRE MATEO

Museo-Fortaleza San Paio de Narla / Sábado, 30 de xaneiro de 2010
17:00 horas
Programa de RadioRede (Departamento de Prensa Infantil e Xuvenil da Rede Museística). Conexións cos corresponsais nos Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar.
GUIÓN Radiofónico
- 30 de xaneiro / hoxe 124 anos do nacemento de CASTELAO
-Un berro pola lingua
-Promoción “O labirinto ario” entrevistas ó director da curta Alfredo Pardo e a actriz BEATRIZ SERÉN -Shelly, filla da marquesa de Tor.

18:30 horas
Actos de apoioO LABIRINTO ARIO
Verbas de benvida de Alfredo Pardo, director da curta e Encarna Lago, xerente da Rede Museística.
A VOZ DA TORRE DE XIÁ por Brais García

NA LAREIRA UXIO NOVONEYRA, NA VOZ DE XOÁN RAMIRO CUBA, escritor e Responsable de Publicacións da Deputación de Lugo e da Rede Museística Provincial.
LERÁ O POEMA QUE UXIO NOVONEYRA DEDICA Ó PAZO DE TOR.

PROXECCIÓN DA CURTA: O LABIRINTO ARIO COA PRESENZA DOS ACTORES E EQUIPO TÉCNICO.

RELÚA
Programa
Tyrolienne, Hugo de Groot
Habanera (Carmen), Bizet
Di si felice inesto, Rossini
Airiños Aires, Gustavo Freire
O pico do Grelo (Muiñeira), Tradicional
As pezas serán interpretadas por un dúo de clarinetes con acompañamento de percusión tradicional, composto por Victor Manuel González Díaz, Laura María Alonso Gandoy, Mª Angeles Pascual Luaces.
Tomaremos un petisco e un viño ofrecidos por Gadisa, Haley e CRDO Ribeira Sacra.

Enlaces de interese:
1217_Descargar programa.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768