Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
MUSEO PROVINCIAL DO MAR Videoteca || Axenda || Axenda Interna
MUSEO PROVINCIAL DO MAR

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial do Mar


visita virtual

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



29/06/2012
Presentados os programas de actividades para o VERÁN 2012: Museo Provincial do Mar de San Cibrao

O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, deu a coñecer hoxe os programas coas propostas de actividades para o período vacacional nos catro museos xestionados pola Rede Museística Provincial. + Programa de actividades do Museo Provincial do Mar

MUSEO PROVINCIAL DO MAR

OBRADOIROS
Obradoiro: Enrédate na rede
Os obradoiros pretenden dar unha visión global do museo e do proceso artístico en todos as súas fases e estadios, dende a realización das obras ata a exposición das mesmas nun museo, pasando pola difusión do traballo realizado. Comezaremos cunha visita de iniciación para o coñecemento básico do Museo.

Inscricións: Museo Provincial do Mar
Os pais/nais ou titores deberán completar un formulario de inscrición e asinar un permiso de saída, xa que nalgún dos obradoiros desprazarémonos a outros museos da Rede. Así mesmo, como no transcurso dos obradoiros os participantes realizaran vídeos e fotografías que logo exhibirán nas canles dixitais das que dispón a Rede Museística, tamén é necesario que asinen unha autorización ao efecto.

Idades: de 4 a 15 anos.
Prazas: 40 que se cubrirán por orde de inscrición.
Horario: 11:00 a14:00 horas

Datas de realización deste obradoiro
Nota aclaratoria: Este obradoiro concíbese como un proxecto único, periodizado en dúas xornadas. Todas os/as inscritos participarán en todas as fases xa que o gran obxectivo é dotar ao asistente dos máximos coñecementos e experiencias posibles no tocante ao funcionamento, xestión e divulgación da actividade dos museos.

17 de xullo
Centrarémonos nas artes decorativas, a etnografía e a fotografía, sempre en relación co museo e o seu entorno.

18 de xullo
Visitarannos os rapaces que están realizando a mesma actividade no Museo Provincial de Lugo cos que compartiremos a xornada.

Do 15 ao 17 de agosto: Campamento de Arqueoloxía
Nestes días realizaremos unha experiencia práctica consistente nunha escavación arqueolóxica.

21 de agosto
Viaxaremos ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, para compartir a xornada cos rapaces e rapazas que participan nos obradoiros dos outros museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. A actividade consiste na caracterización de época para a realización de diversos xogos por equipos de carácter competitivo que se inspiran en pasatempos medievais.

EXPOSICIÓNS
Fotografía a cegas. Exposición que amosa os traballos resultantes dunha experiencia pioneira na que participaron 7 persoas invidentes (Trinidad Canosa, Eladio Fernández, Antonio Fernández, Antonio López, Ángeles Miguélez, Manuel Paz Sánchez e Pilar Yáñez), a terapeuta Mercedes Cabada, os fotógrafos, Iago Eireos, Germán Limeres, Xosé Reigosa e Antonio López, e Henrique Lamas, autor da gravación que documenta a experiencia. Coordinou, Encana Lago, xerente da Rede Museística.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
As inscricións realizaranse no Departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar.
>>Descarque aquí o formulario de inscrición



Máis información:
Avenida da Mariña s/n
San Cibrao
27890 Cervo (Lugo)
Tfno.: 982 594 572 / museodomar@museolugo.org

Enlaces de interese:
1778_PROGRAMA_Actividades de verán 2012 (Museo Provincial do Mar).pdf
1778_FICHA INSCRICIÓN_Verán 2012_MPMar.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768