24/08/2012
CONCERTOS FLORAIS: Cé Orquestra Pantasma
Dentro do ciclo de Concertos florais, iniciativa da Rede Museística da Deputación de Lugo, que teñen lugar todos os venres nos xardíns do Museo Provincial de Lugo, mañá venres, día 24 de agosto, ás 21,00 horas, terá lugar un novo concerto a cargo da CÉ ORQUESTRA PANTASMA, nome baixo o que se agocha o vigués César Freiría, músico autodidacta que comeza a súa andaina musical aos oito anos, dentro da música tradicional, e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu.
A entrada a este acto é libre e gratuíta.
... máis info
< voltar
|