|
06/07/2010
EXPOSICIÓN ITINERANTE: Incisións, en Chantada
Casa de Cultura de Chantada (Do 6 ao 29 de xullo de 2010)
Esta exposición, organizada polo Museo Provincial de Lugo e comisariada por Ignacio López, reúne 26 gravados realizados con distintas técnicas por outros tantos artistas plásticos lucenses. Con este proxecto, á parte de crear un imperecedoiro obxecto artístico conmemorativo da efeméride do Museo, quíxose tamén poñer ao dispor do público un testemuño histórico- cultural de actualidade e de incalculable valor e riqueza.
|