Museo Provincial de Lugo
|
Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
Museo Provincial do Mar
|
Pazo de Tor
|
|
 |
Noticias
|
02/09/2010
O MPL acrecenta os seus fondos cunha obra do escultor Ramón Conde
Antón Bao, vicepresidente da Deputación de Lugo, e Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, presentaron hoxe a incorporación á exposición permanente do MPL dunha obra da autoría de Ramón Conde que leva por título "Tormenta de verán". No acto participou tamén o escultor. >>+ INFO
|
|
27/07/2010
Manifesto de apoio do Museo Provincial de Lugo á declaración da ponte de Cruzul (Becerreá-Lugo) como ben de interese cultural
|
|
15/07/2010
Premio para o proxecto da Rede Museística 'Follas novas, Novas follas'
O xoves, 15 de xullo, tivo lugar na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, no marco dos actos conmemorativos do 125 aniversario do pasamento da poetisa, a entrega do PREMIO ROSALÍA DE CASTRO PARA EXPERIENCIAS PEDAGÓXICAS que recaeu esta vez no unidade didáctica do proxecto pedagóxico 'Follas novas, Novas follas' desenvolto por tres dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial do Mar, Museo Etnográfico de San Paio de Narla e Pazo de Tor).+ info >>
|
|
26/06/2010
VISITA GUIADA á EXPOSICIÓN: Castelao. A derradeira lección do mestre
Este sábado, 26 de xuño, ás 12:30 horas, visita guiada á exposición "Castelao. A derradeira lección do mestre" a cargo da comisaria da mostra, María Pilar García Negro.
|
|
28/05/2010
Presentación do proxecto Follas Novas en Valencia
No marco das 16 Jornadas DEAC do IVAM (Valencia) entre o 27 e o 29 de maio, mañá, sábado, 29 de maio, Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, presentará o proxecto “Follas Novas, Novas follas” e participará nunha mesa redonda.
+ información >>
|
|
28/05/2010
O Museo Provincial de Lugo en Tarraco Viva 2010
Por quinto ano consecutivo, o Museo Provincial de Lugo está presente na Feira de Museos, Monumentos e Xacementos de época romana, que se celebra en Tarragona do 28 ao 30 de maio, dentro as XII Xornadas Internacionais de Actividades de Promoción do mundo romano, organizadas polo Museo de Historia da Cidade de Tarragona.
+ máis informacion>>
|
|
25/05/2010
O Museo Provincial de Lugo, premio Institución Amiga 2010
O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo concedeu o Premio “Institución Amiga 2010” ao Museo Provincial de Lugo pola colaboración e apoio prestados ao longo destes anos ao desenvolvemento das actividades culturais do centro escolar.
|
|