Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook






Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Museo Provincial


06/09/2010 EXPOSICIÓN: Colección de xoguetes, doazón de José Luis Basanta

O mércores, 8 de setembro, ás 11: 30 horas, tivo lugar no MPl o acto de recepción, agradecemento e presentación da Colección de xoguetes, doazón de José Luis Basanta que pasa a formar parte dos fondos permanentes do Museo Provincial de Lugo e que se vai expoñer no Refectorio do 8 ao 26 de setembro de 2010. Asistiron Antón Bao, vicepresidente da Deputación de Lugo, José Luis Basanta, doador da colección, e Aurelia Balseiro, directora do MPL. + info>>


27/08/2010 EXPOSICIÓNS: A Muralla no Museo / The wall-A Muralla (Peter Schneider)

Antón Bao, vicepresidente da Deputación, Aurelia Balseiro, directora do MPL, Peter Schneider, fotógrafo e Enrique Alcorta, arqueólogo do MPL, presentaron as dúas mostras expositivas que o Museo Provincial dedica a celebrar o 10º aniversario da declaración da Muralla Romana de Lugo por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A apertura ao público terá lugar o vindeiro luns, 19 de xullo de 2010, ás 20:00 horas e permanecerá aberta ata o 30 de setembro.


10/07/2010 EXPOSICIÓN: Castelao. A derradeira lección do mestre

O vindeiro sábado, 10 de xullo, ás 14:00 horas, vai ser clausurada a exposición CASTELAO. A DERRADEIRA LECCIÓN DO MESTRE que, dende o pasado 14 de abril permanece aberta no Museo Provincial de Lugo. Esta mostra, complementada con diversas actividades (obradoiros de caricaturas, proxeccións cinematográficas, charlas-coloquio, concertos, etc.), contou con visitas guiadas e técnicas realizadas polos comisarios da mesma, Felipe Senén López e María Pilar García Negro, que foron seguidas por numeroso público. Do éxito de asistentes dá conta o dato de que foi visitada por 13.457 persoas, das que 1.506 o fixron en grupos concertados. + info >>


26/06/2010 EXPOSICIÓN: Camiño Primitivo

O venres, 25 de xuño, ás 20:30 horas, inauguración da mostra (50 fotos e 3 maquetas de arquitectura popular) e presentación do catálogo da exposición promovida pola Asociación Viandantes do Camiño Primitivo e que vai permanecer aberta ao público no refectorio do MPL ata o 4 de xullo. A Asociación Viandantes do Camiño Primitivo, integrada por internos e funcionarios do centro penitenciario de Bonxe, organiza desde hai varios anos unhas xornadas de peregrinación como experiencia de relación, convivencia, coñecemento e desfrute do patrimonio cultural, das paisaxes e das xentes desta ruta.


03/06/2010 EXPOSICIÓN: O castro da Atalaia, unha mostra excepcional do noso patrimonio

O luns, 7 de xuño, ás 20:00 horas, inauguración da mostra "O castro da Atalaia, unha mostra excepcional do noso patrimonio", organizada pola asociación cultural MariñaPatrimonio e que vai permanecer aberta ao público no refectorio do MPL ata o 20 de xuño.


12/05/2010 EXPOSICIÓN: Galicia Innovadora e Creativa

Refectorio do MPL (Do 12 ao 26 de maio). Inauguración: mércores, 12 de maio, ás 13 horas. O Museo Provincial de Lugo, dependente da Área de Cultura, Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, amosa os traballos premiados e seleccionados no concurso fotográfico promovido pola Fundación Galicia-Europa para conmemorar o Ano Europpeo da Creatividade 2009. Interveñen no acto de inauguración o subdirector xeral de Relacións coa Unión Europea, Santiago Álvarez González, e a directora do MPL, Aurelia Balseiro García.


28/03/2010 EXPOSICIÓN: Arqueoloxía 1990-2005

O domingo, 28 de marzo, clausúrase esta exposición, inaugurada o 14 de xaneiro de 2010. + info >>


  1 2 3 4 5 6 7 8 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768