Museo Provincial de Lugo
|
|
 |
Actividades
|
21/05/2013
Museos multisensoriais. A ONCE e o MPLugo dánse a man para ver e sentir a arte
Con motivo da XX edición do Día da ONCE en Galicia, e dentro do programa de actos da Semana Cultural organizada en Lugo con tal motivo, o vindeiro xoves, día 23 de maio, de 11:00 a 12:30 horas e de 17:00 a 18:30 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo unha VISITA MULTISENSORIAL.
|
|
21/05/2013
IV Semana do Libro e a Lectura Infantil e Xuvenil no MPLugo
Mario Outeiro, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, en representación das entidades que organizan a IV Semana do Libro e da Lectura Infantil e Xuvenil presentaron hoxe este evento na súa cuarrta edición. Esta IV Semana do Libro e a Lectura Infantil e Xuvenil baixo o lema A toda máquina vai ter lugar desde o 26 de maio ata o 1 de xuño no Museo Provincial de Lugo. Tras a inauguración, prevista para o domingo, 26 de maio, ás 12:30 horas, son numerosos os espectáculos, obradoiros e exposicións que se ofrecen ao público na Sala de Exposicións do MPLugo. Téñase en conta que polas mañás as actividades están concertadas con centros de ensino, pero polas tardes os espectáculos e as visitas ás distintas exposicións e actividades son de entrada libre e gratuíta.
|
|
09/05/2013
SEMANA DOS MUSEOS 2013: Museo Provincial de Lugo
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e Encanrna Lago, xerente da Rede Museística, dan a coñecer os programas de actividades rpevisas para a SEMANA DOS MUSESO 2013 en todos os museos xestionados pola Rede Museística Provincial.
|
|
30/04/2013
Proxecto EnREDarte
A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, promove o proxecto global ENREDARTE concibido para incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas, musicais, literarias … ENREDARTE aglutina cinco iniciativas diferentes que teñen como denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que conflúen nun mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión das creación dos artistas, tanto dos consagrados como dos novos valores (Diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio aberto, I Simposio Arte e Natureza e Saudarte).
O proxecto ENREDARTE vaise desenvolver nos catro museos da Rede Museística Provincial, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no antigo Hospital de San Xosé, ao longo do segundo semestre do ano 2013.
|
|
23/04/2013
Novo programa de obradoiros para o clube PequeAmigos (Apúntate desde o 23 ao 30 de abril)
A partir do día 7 de maio de 2013, o programa de obradoiros PequeAmigos da Rede Museística amplía a sua oferta de actividades. Os museos integrados nesta Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor) xestionados pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo ofrécenche entretemento e coñecemento para case todos os días da semana: Apúntate ao que máis che apeteza! Prazo de matrícula: aberto desde o 23 ao 30 de abril.
|
|
09/04/2013
Rogelio Botanz, cantautor e mestre no Silbo Gomero, actúa no MPLugo
Este venres, 12 de abril, a partir das 20:00 horas, actuación no MPLugo de Rogelio Botanz, cantautor experto en Silbo Gomero, unha linguaxe sonora da illa de La Gomera que foi declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidadade pola UNESCO en 2009. Promoven este acto de Encontro coa Cultura Canaraia os colectivos culturais “Fábrica de Sons. Xestión musical”, a Asociación Cultural “Cultura do País-Lugo”, Asociación Cultural Libre de Paderne "Roxín Roxal" e a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, coa colaboración da Rede Museística Provincial e a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. A entrada é de balde.
|
|
02/04/2013
2 de abril. Día Mundial da Concienciación do Autismo
|
|