Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Noticias


25/09/2009 Día dos Castelos 2009

Con motivo da celebración do Día dos Castelos 2009, a Asociación Española de Amigos dos Castelos, desenvolve hoxe no Museo Provincial de Lugo, ás 20.00 horas, o acto de inauguración. A este acto asistirán representantes de varias institucións locais, o presidente da Asociación Española de Amigos dos Castelos,, Guillermo Perinat, e do vicepresidente da Deputación, Antón Bao. A seguir, ás 20.2o h., impartirá unha conferencia o catedrático Antonio Rodríguez Colmenero baixo o título "A muralla de Lugo. Patrimonio da Humanidade".


09/09/2009 Dúas obras do Museo Provincial nunha exposición sobre Maruja Mallo

O Museo Provincial de Lugo cede temporalmente dúas obras de Maruja Mallo para a mostra que sobre esta artista viveirense vai ter lugar en Vigo. Trátase dos cadros Retrato de señora e Guía postal de Lugo que forman parte da exposición permanente deste museo. Esta mostra, organizada pola Fundación Caixa Galicia, poderá visitarse na Casa das Artes de Vigo entre o 10 de setembro de 2009 e o 10 de xaneiro de 2010. O acto de inauguración, que terá lugar mañá ás 20,00 horas, contará coa presenza de Dª Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.


20/08/2009 Novo servizo de Visitas Guiadas do Museo Provincial de Lugo en Inglés e Francés

Guiding tours in ENGLISH or FRENCH: In the morning, from Monday to Friday at 11.30am In the afternoon, from Monday to Thursday at 17.00 pm Throughout AUGUST and SEPTEMBER

Visites guidées en ANGLAIS ou en FRANÇAIS: Le matin, du Lundi au Vendredi à 11h30. L’après-midi, du Lundi au Jeudi à 17h. Pendant AOÛT et SEPTEMBRE.


Clausura obradoiro,Clausura obradoiro,Clausura obradoiro 07/08/2009 Clausura do obradoiro FOTOGRAFÍA E ARTE


08/07/2009 Comité cientifíco do Boletín do Museo

Coa asistencia do vicepresidente 1º da Deputación de Lugo, D. Antón Bao Abelleria, e da directora do Museo, Dª Aurelia Balseiro, o martes, 7 de xullo de 2009, ás 18,00 horas, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo a xuntanza de constitución e de traballo do novo Comité Científico do Boletín do Museo Provincial de Lugo.


27/06/2009 Prazas para os campamentos de arqueoloxía nos museos da Rede

Con motivo de terse completado as prazas para o Campamento de Aqueoloxía no Museo Provincial de Lugo, dirixido a rapeces/as de 9 a 13 anos, comunícase a todas aquelas persoas interesadas que aínda hai vacantes para esta actividade nos outros museos da Rede, onde se vai desenvolver nas datas e horario que a continuación se indican:


17/06/2009 Boletín do Museo do Provincial de Lugo XIII

Acaba de ver a luz o tomo XIII do Boletín do Museo Provincial de Lugo, correspondente aos anos 2006, 2007 e 2008. Herdeira do antigo Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos, esta publicación da comezo con este número a unha nova etapa, baixo a dirección de Aurelia Balseiro, con un importante cambio na súa maquetación. Este tomo do Boletín do Museo Provincial de Lugo está á venda en librerías ao prezo de 12 euros.


« 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768