13/09/2012
A 34 Semana Internacional de Cine de Autor no MPLugo
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá ven organizando en Lugo desde 1979 a Semana Internacional de Cine de Autor, e desde entón, cada setembro, propón aos cinéfilos un programa intenso de proxeccións, exposicións e outros actos nos que o cine e os que o fan posible son protagonistas.
A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto con outras institucións, patrocina e acolle algúns dos actos como, neste caso, no Museo Provincial de Lugo, onde se vai estar ubicada a exposición dedicada ao director e produtor de cine Ricardo Núñez, e onde se van proxectar 5 películas do ciclo “Cine e radio”.
PROGRAMACIÓN DA SEMANA DA 34 SEMANA INTERNACIONAL DE CIINE DE AUTOR NO MPLUGO
Luns, 17 de setembro
Exposición dedicada ao director e produtor Ricardo Núñez
Inauguración: ás 13:00 horas.
Refectorio do MPLugo (do 17 ao 25 de setembro)
Neste acto tamén se presenatrá o libro "Ricardo Núñez. O emperador da simpatía"
Luns, 17 de setembro
Ciclo: Cine e Radio
Proxección: Días de Radio
Sala Multiusos do MPLugo, 20:00 horas.
Martes, 18 de setembro
Ciclo: Cine e Radio
Proxección: Good morning Vietnam
Sala Multiusos do MPLugo, 20:00 horas.
Mércores, 19 de setembro
Ciclo: Cine e Radio
Proxección: Sintonía de amor
Sala Multiusos do MPLugo, 20:00 horas.
Xoves, 20 de setembro
Ciclo: Cine e Radio
Proxección: O último show
Sala Multiusos do MPLugo, 20:30 horas.
Venreses, 21 de setembro
Ciclo: Cine e Radio
Proxección: Radio encuberta
Sala Multiusos do MPLugo, 20:30 horas.
-Máis información sobre a 34 Semana Internacional de Cine de Autor…
< voltar
|