13/12/2009
EXPOSICIÓN: Xoias tradicionais do Museo Provincial de Lugo
Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (Do 17 de setembro ao 13 de decembro de 2009). A mostra estructúrase en dous grandes conxuntos: Ourivería devocional e Ourivería civil, que á súa vez se subdividen en outros subgrupos que abranguen relicarios, escapularios, medallas, cruces, acibeches, ebonitas, xoias para pechar e outros obxectos persoais.
Entrada gratuíta
__________Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242112
info@museolugo.org
__________
A exposición de xoias tradicionais do Museo Provincial de Lugo, que hoxe por primeira vez se presenta ao público, está composta por cincocentas cincuenta e catro pezas datadas entre o século XVI e ben entrado o pasado século XX e que foron clasificadas en dous grandes grupos: o primeiro deles dedicado á ourivería devocional no que destaca un rico conxunto de relicarios, barrocos a maioría deles, aínda que tamén hai escapularios, medallas, cruces ou adornos de hábito; o segundo gran conxunto está subdividido en oito apartados, sendo o máis numeroso o formado polas xoias de loito, feitas en acibeche e nun material industrial que o imita chamado ebonita. Amósanse, así mesmo, broches, entre os que son dignos de salientar os chamados sapos, intimamente ligados á nosa indumentaria, pendentes, pendentifs, pulseiras, xoias de pechar e tamén bolsiños, peitas, forcas ou agullas para o cabelo.
O primeiro asentamento no Libro de rexistro do Museo dun obxecto deste conxunto faise o 12 de xullo do ano 1934, sendo o derradeiro o 30 de decembro de 1953. Predominan as adquisicións, aínda que non se poden esquecer importantes doazóns levadas a cabo tanto por coñecidos benefactores do museo como D. Gonzalo Gayoso Carreira, D. José Fernández López, D. Álvaro Gil Varela, D. Juan López Suárez, D. Manuel e D.ª Leonor Vázquez Seijas, D. Luis Gómez Pacios, D.ª María López Martí, as familias Pardo e Pardo Reguera como por outros particulares como D. José García Cascudo, D. Manuel Palmeiro Arribas, D. Jesús Vázquez Saco, D. Ramón García Abuín, D.ª Amadora Sánchez Romero ou D.ª Araceli González de Pujol.
O traballo que agora se presenta nesta exposición temporal, logo dun alongado período dedicado á documentación, centrouse no estudo pormenorizado de cada peza, dándolle prioridade á análise iconográfica, á procedencia da peza, á cronoloxía e, por último, á súa descrición.
Esperamos que este traballo contribúa a coñecer un pouco máis os fondos deste museo, dedicado neste caso a unha parte esencial da indumentaria como é a da ourivería e que, pouco a pouco, as artes decorativas vaian acadando o lugar que merecen e que lles foi negado noutras épocas.
M.ª del Rosario Fernández González
Departamento de Artes Decorativas e Etnografía
Comisaria da exposición
__________ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Acto de inauguración: 17 de setembro, ás 20:00 horas
Intervencións: Antón Bao, vicepresidente da Deputación de Lugo
Aurelia Balseiro, directora do MPL.
Mª del Rosario Fernández González, comisaria da mostra
Acompañamento musical a cargo da violinista Ana Mª Martínez.
Visitas comentadas para o público en Xeral, a cargo da comisaria da mostra
-Martes, 22 de setembro ás 19:30 horas.
-Martes, 27 de outubro ás 19:30 horas.
-Martes, 10 de novembro ás 19:30 horas.
Obradoiros
A maxia dos ourives, obradoiro de creación artística a cargo de Laura Fernández Morán.
Entre os 5 e os 8 anos.
Datas: 19, 26 de setembro, e 17 de outubro.
Entre os 9 e os 13 anos.
Datas: 24, 31 de outubro, e 14 de novembro.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Limitados a 10 participantes por quenda, con inscrición previa e independente para cada data no Departamento de Didáctica do MPL, tfno..: 982 24 23 00.
O museo invítate a…
Adornos para agradar, para gustar…, obradoiro creativo e divertido arredor do traballo dos ourives a cargo de Laura Fernández Morán.
-Sábado, 7 de novembro, ás 12:30 horas
Actividade aberta a todas as idades, sen inscrición previa.
Vídeo-documental: A ourivería na pintura e na fotografía, selección de Lucía Picado e montaxe de Laura Pernás.
Duración: 20’. Proxección permanente na mesma Sala de Exposicións.
Visitas guiadas para grupos escolares
Visitas guiadas para grupos de E. Primario, ESO, BAC e Ciclos, complementada cunha Unidade Didáctica.
É imprescindible a concertación previa a través do Departamento de Didáctica do MPL, tfno.: 982 24 23 00 .
Vídeo-montaxe: Xoias tradicionais do Museo Provincial de Lugo .
Enlaces de interese:
1078_Actividades_complementarias_Xoias.pdf
< voltar
|