Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Museo Provincial



24/09/2012
EXPOSICIÓN: Ela en plural

Inauguración: mércores, 3 de outubro, ás 20.00 horas, no refectorio do Museo Provincial de Lugo. Promove: Colectivo Argazo.
Patrocina: Área de Cultrura e Turismo, Rede Museística da Deputación de Lugo.

Ela en plural (do 3 de outubro ao 3 de novembro de 2012)
Refectorio do Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo

Horario
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

+ INFO
Tfno.: 982 242 112 / Fax: 982 240 240
info@museolugo.org / www.museolugo.org


_____Hai un mundo de auga. Auga polo aire cando voan as pingas, auga polo chan cando bebe a terra e auga na auga como un xerme hermafrodita.
Neste mundo de auga habita “ela” que son moitas e ningunha concreta, todas coa redondez, co infinita presenza da cálida perfección.
Entrade e a luz da nosa humilde casa acolleravos cos brazos abertos da primavera, transportándovos ás distintas vertentes da continuada expresión que dá significado á nosa vida.
Quedades convidados, pois, a un anaco da nosa mirada.
[Colectivo Argazo]

ARTISTAS QUE PARTICIPAN NA MOSTRA
Pintura: Man, Arza Pardo Barbeito e Marta Paz.
Fotografía: Carolina Miraz e Ernesto Gómez.
Poesía: Concha Blanco Montecelos, Lino García Salgado, Verónica Martínez Delgado, Alberte Momán e Gabriela Rodríguez.
Música: Richard Dowling e Carlos Santos.


____Ela en plural, por Lino García
Houbo un tempo no que Penélope debuxaba sombras no chan mentres o seu tapiz desaparecía na maxia da noite perseguindo a inquietante figura de Ulises, quizás a súa ausencia gardada nun pequeno frasco de nostalxia.
Hoxe esas sombras sérvennos para brindar unha particular homenaxe a ese rostro indefinido que tantos soños tatuou na espreita dun novo amencer. Son as nosas mans as que esculpen coa definición da inexactitude momentos de cálido fervor, as que maquillan o abstracto dos pasos, as que capturan ese invisible mundo a través do sereno ciclope da imaxinación, as que rubrican no fondo do noso ser as mareas mais profundas e sentidas, as que ispen de contemporaneidade o tempo que nos mata.
Somos nós, na ecuánime calma da nosa permanente metáfora, os proscritos da cincenta alma, os portadores da máis letal das armas: A nosa verdade.
Máis que nunca esta xanela de disparidade ábrese ao vento como area ao mar e publica, sen rubor algún, o noso tímido clamor diante das mudas tentacións que camiñan nun círculo aberto ás voces da imaxinación.
A nosa mirada, pois, envolta en transparente seda non pretende falar por ninguén, agás por nós mesmos, máis aspira fecundar nas durmidas conciencias un anaco de libertaria cor para esnaquizar no rostro da razón a dor que non se desprende.
Esta carta de presentación é a nosa translúcida intención enmarcada na intermitente luz que ansiamos compartir segundo tras segundo, como os nosos pasos e a sombra da leve voz, para vivir un pouco máis libres.
Ela, en definitiva, somos elas e nunca nos poderán substituír.
Ela son elas e permanecen presas no escuro tapiz da nosa ignorancia.
Liberémonos pois. É de xustiza.

Enlaces de interese:
1806_CONVITE INAUGURACIÓN_Ela en plural.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768