Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Museo Provincial



21/10/2012
Diálogos no Museo Provincial de Lugo [3]: REVERSOS, intervención de L.I.B.A. COLECTIVO

Inauguración: venres, 26 de outubro, ás 20:00 horas.

Horario
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

+ INFO
Tfno.: 982 242 112 / Fax: 982 240 240
info@museolugo.org / www.museolugo.org

Diálogos no Museo Provincial de Lugo [3]: REVERSOS
(Intervención: desde o 26 de outubro ao 9 de decembro de 2012)

Dirección: Aurelia Blaseiro
Comisaria: Lucila Yáñez
Coordinación L.I.B.A.: Frame Lado
Artistas:
Juan Adrio / Andrea Jambrina / Frame Lado / María Marco / María Magán / Alejandro Maseda / María Moldes / Joan Morera

Lugar do Museo: Sección Arte galega. Coleccións de Pintura
Planta 1.ª

Intervencións:
1. Descrición en vídeo (Sala 12)
Xunto a 5 cadros volteados sitúanse 4 pantallas de 10” nas que se reproducen vídeos, cada un de 1-2 minutos, nos que persoas anónimas describen o contido icónico do cadro volteado. O espectador perde o referente orixinal que é substituído por unha narración descritiva.

2. Proxección in tempore (Sala 14)
Xunto ao cadro xirado proxéctase un vídeo en tempo real dun lugar actual contido ou referido no cadro. Esta peza vincula o Museo ao lugar real exterior.

3. Son in tempore (Sala 15)
Xunto a un cadro volteado o visitante atopa uns auriculares a través dos que se reproduce un son relativo á escena representada.

4. Versións fragmentarias (Sala 13)
Xunto ao cadro xirado, en 6 pantallas de 2”, reprodúcense mediante un loop de fotos, que son partes dun todo, imposibles de recoñecer polo espectador.

_____Horario de visitas
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
__________
Nunca me miras alí onde te vexo. (...) O que miro nunca é o que quero ver
Jean Jacques Lacan

Investigar os procesos da mirada derivando o óptico cara ao háptico, cara a todas aquelas sensacións non visuais que experimenta un individuo é o principal obxectivo do proxecto Reversos. Quizais esteamos demasiados acostumados a percorrer as salas dos museos buscando estímulos visuais en clave formalista: beleza, cor, composición, trazo…, por este motivo L.I.B.A propón un desprazamento contextual das obras incidindo na recepción das imaxes e en todas aquelas experiencias que constrúen as pezas máis alá do marco e a peaña; expandindo cada pintura, e incluso o museo mesmo, como entes vivos inspiradores e desexantes, narradores silenciosos de intrahistorias construídas baseándose nas experiencias vitais dos que miran.
Nesta exposición explórase o reversal dun modo poliédrico. Por un lado, o concepto de reversibilidade, no seu sentido máis explícito da non-visión do anverso, mera ocultación. Por outro o reverso como símbolo de todas as situacións que se relacionan co acto creador e que se perden na exhibición clásica: o que o espectador mira nunca é o que quere ver. Introdúcese o Principio do Museo como lugar da antivisión, como lugar de experiencias subxectivas que constrúen un “museo imaxinario”, remitíndonos a Malraux, un metamuseo latente dentro do espazo físico e obxectivo do museo mesmo; pero ademais propoñemos este concepto como estratexia reactiva ante o zeitgeist cultural en que vivimos, que necesita, irremediablemente, outras formas de experimentar e transmitir as obras de arte.
Neste contexto, o Laboratorio de Investigación en Belas Artes (L.I.B.A) presenta catro estratexias de narración en diferentes salas do museo: por un lado a descrición da obra de arte delimitando outro camiño cara ao Real, unha nova invitación á reinterpretación e imaxinación do subconsciente do ideario colectivo. Unha substitución dunha obra pola súa visión contemporánea in tempore como aquilo que “fai tanxible a permanencia”, que codifica a evolución como historia. A recolocación e translación metafórica a través da instalación sonora ou a descrición fragmentada dunha situación narrada. En calquera caso, o feito de simular ou substituír un procedemento, imaxe ou concepto implica que certa forma aurática se recupera, non como orixinalidade senón como unha especie de
metalinguaxe poética.
Reversos supón outro modo de ver e entender as obras de arte, unha invitación á imaxinación a través da frustración da preminencia visual; extensións dun significado que non xorde ex nihilo, senón que se engade, como se adhiren as diferentes capas de realidade, á nosa significación do mundo.
O Laboratorio de Investigación en Belas Artes (L.I.B.A) xorde no año 2008, a raíz do bienio de doutorado da Universidade de Vigo “Modos de coñecemento na práctica artística contemporánea”. Desde entón consolidou unha traxectoria multidisciplinar tanto no ámbito expositivo como na edición ou a produción de eventos, traballando entre outras, coa Fundación Serralves (Porto, Portugal), Laboral (Xixón), Alterarte (Ourense) ou Sala X (Pontevedra). Desde aquí agradecémoslle ao Museo de Lugo a súa vocación de contemporaneidade e a súa capacidade para reiventarse a si mesmo apoiando un proxecto destas características.

Enlaces de interese:
1817_Folla de sala_Diálogos_3.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768